Concello de Vimianzo
12 de decembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

03-06-2019

Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX) con curso

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 3 de xuño unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

  • Destinatarios / as: Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición
  • Número de prazas: 180
  • Duración: 12 semanas (190 horas lectivas)
  • Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT
  • Datas de realización: do 2 de setembro ao 24 de novembro de 2019
  • Inscrición: na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
  • Prazo: 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG.
  • Taxa: As persoas con dereito a matriculación deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das listaxes provisionais, unha taxa de 10,20 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa. Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxes, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia

Resolución do DOG: 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190603/AnuncioG0177-200519-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN: https://cemit.xunta.gal

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA
981737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00



Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X