Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-05-2019

O Concello de Vimianzo aproba un investimento de case 620.000€ para o arranxo de pistas

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vimianzo que se reuniu no día de hoxe aprobou un investimento de case 620.000€ para o arranxo de pistas na práctica totalidade do termo municipal.

Para o arranxo de pistas nos lugares de Castromil e Castro na parroquia de Salto, en Cerbán e Castrelo, A Casanova e Romar en Berdoias, Santa Comba e O Val en Baíñas outras pistas interiores en Baíñas e Vimianzo destina un total de 78,742,57€.

Para o arranxo e a mellora dos pavimentos de Moreira en Carnés e Tufións en Cereixo, destina un total de 91285,21€.

Para a mellora e o arranxo da pavimentación en Campolongo e O Mouzo en Carnés e Cures en Cereixo, destina un total de 69907,12€.

Para o arranxo e a mellora dos pavimentos en A Valiña e Casais Grande en Vimianzo destínanse un total de 86534,71€.

Para a mellora, mantemento e sinalización da estrada entre A Piroga e Tines destínanse un total de 292721,58€.

O alcalde, Manuel Antelo, cualifica estas obras como de moi importantes, xa que mellorarán a pavimentación de lugares en distintas parroquias ademáis de contribuír á mellora das vías municipais.

Son unhas obras que responden ás demandas da veciñanza e ratifican a aposta do goberno Municipal de Vimianzo pola mellora e o mantemento das vías e do patrimonio municipais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X