Concello de Vimianzo
18 de outubro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Subvencións

29-04-2019

Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal

Prazo de solicitude: un mes

DOG: núm. 80, 26/04/2019

Máis información: 

  1. Sede da Xunta(procedemento CO300C):  https://sede.xunta.gal
  2. Na páxina web oficial da Consellería de Economía, Emprego e Industria http://ceei.xunta.gal/portada, na súa epígrafe de axudas.
  3. Nos teléfonos 981 54 55 57 ou 981 54 59 15 da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
  4. No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.gal
  5. Presencialmente, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, edificios administrativos de San Caetano, 3º andar, 15071 Santiago de Compostela.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES

 Dixitalización comercial:
  • A implantación e actualización de páxinas web comerciais
  • Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou big data centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, e ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.
  • Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.
  • Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).
  • Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.
Proxectos de modernización integral do local comercial incluídos nun proxecto de decoración e interiorismo.
  • As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.
  • Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
  • Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.
  • Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.
  • Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.
 Proxectos de expansión comercial.
  • A apertura dun novo establecemento comercial, baseado no desenvolvemento do mesmo proxecto comercial, na especialización ou diversificación de produtos, na especialización de servizos ao cliente ou na especialización de novas tendencias emerxentes de consumo. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.
Posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop up.
  • Para os efectos desta orde, considéranse proxectos de tendas efémeras pop up a apertura, por un prazo máximo de dous meses, dun espazo comercial que terá por obxecto examinar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña a apertura dun outlet ou teña por obxecto o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos.
Proxectos de posta en marcha de concept stores.
  • Para os efectos desta orde, considéranse concept stores os establecementos comerciais cunha oferta diversificada de produtos, xeradora de sinerxías, que supoña un valor engadido na oferta e sexa atractiva para a clientela na procura dunha identidade única e diferenciadora. O proxecto deberá estar incluído nun proxecto de decoración e interiorismo.
A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal
Non se consideran gastos subvencionables: 
  • As obras ou actuacións en cuartos de baño, oficinas, almacéns e outras dependencias non afectas ao uso da actividade de exposición e venda.
  • Os custos asociados á compra ou alugamento do inmoble comercial, agás no previsto no punto 4.4.
  • Os permisos, licenzas ou cotas de colexios oficiais ou calquera outro tributo ou imposto.
  • A adquisición de moblaxe e artigos de exposición e proba, susceptibles de venda posterior.
  • A instalación de sistemas de alarma, seguridade ou similares.
  • A adquisición de ordenadores, dispositivos móbiles, televisores, reprodutores de son e imaxe e tpv.
  • Os custos de persoal e de subministracións de auga, enerxía, telefonía e internet.
  • A adquisición de maquinaria propia de procesos industriais, no caso de artesáns.
  • A adquisición de materia prima da actividade artesanal.
  • Os investimentos destinados a locais para uso da actividade artesanal. Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable e/ou directamente relacionadas coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X