Concello de Vimianzo
23 de setembro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-04-2019

Presentación da Vía Mariana no Concello de Vimianzo

Este sábado ás 9:45 h partirá do Cruceiro do Orbellido A andaina que organiza o Concello de Vimianzo dentro do progrma Andainas, percorrendo a Costa da Morte 2018.
A andaina discorrerá por camiños das parroquias de Baíñas e Berdoias polos que discorreo trazado da Vía Mariana.

A Vía Mariana é un proxecto luso-galaico que vertebra os grandes santuarios marianos entre a cidade de Braga e a localidade de Muxía. En moitos casos estes santuarios son a cristianización de cultos ancestrais con milenios de antigüidade.

A Asociación Baíñas no Camiño e a Asociación de Berdoias forman parte do proxecto xunto co Concello de Vimianzo.

Esta ruta, que discorre por camiños medievais da antiga Gallaecia, ten un enorme potencial, pois os camiñantes que buscan este tipo de roteiros relixiosos, panteístas, culturais e históricos van en aumento.

O mesmo sábado, ás 17,00h na antiga escola de Berdoias José Antonio de la Riera terá un encontro coa veciñanza para explicarlles a importancia da ruta e as potencialidades que presenta o seu paso pola parroquia de Berdoias.

Tamén o sábado, ás 19,30h no Auditorio do Centro Sociocultural de Baíñas, terá lugar a presentación oficial da Vía Mariana. O acto contará coas actuacións do grupo de gaitas Trubisquiñas e os dous grupos das Pandereteiras de Baíñas, ademáis da actuación da cantante baiñana Balbina Rodríguez. Intervirán representantes da Asociación Vía Mariana, da Asociación Baíñas no Camiño, da Asociación de veciños de Berdoias e Manuel Antelo, alcalde de Vimianzo, en representación do Concello.

Este acto no Centro sociocultural de Baíñas servirá tamén para que a veciñanza coñeza as novas instalacións deste equipamento cultural despois de que o Goberno local de Vimianzo o sometera a unha profunda remodelación.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
3
4
5
7
8
9
10
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X