Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-03-2019

A Asociación Baíñas no Camiño planta varios centos de frondosas á beira da Vía Mariana

A Asociación Baíñas no Camiño está a plantar varios centos de frondosas a carón dos camiños polos que discorre a Vía Mariana. As plantas foron cedidas pola empresa ENCE.

O Concello de Vimianzo colabora coa iniciativada plantación e, por outra banda, estápintando os elementos de sinalización necesarios na ruta.

A Vía Mariana é un proxecto luso-galaico que vertebra os grandes santuarios marianos entre a cidade de Braga e a localidade de Muxía.En moitos casos estes santuarios son a cristianización de cultos ancestrais con milenios de antigüidade.

A Asociación Baíñas no Camiño e a Asociación de Berdoias forman parte do proxecto xunto co Concello de Vimianzo.

Esta ruta,quediscorre por camiños medievais da antiga Gallaecia, ten un enorme potencial, pois os camiñantes que buscan este tipo de roteiros relixiosos, panteístas, culturais e históricos vanen aumento.

O Concello de Vimianzo aposta decididamente por este proxecto que se presentará de maneira oficial nos próximos días.

O Concello de Vimianzo ten prevista a apertura de dous albergues municipais no Outeiro e no Orbellido, na parroquia de Baíñas, e facilitar o uso de instalacións municipais para a acollida de camiñantes. En canto á parroquia de Berdoias estanse estudando iniciativas para apoiar esta ruta.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira CeMIT
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X