Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

25-02-2019

Axudas para ADQUISICIÓN DE VIVENDA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO. Resolución do 12 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Obxecto. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras que rexerán a concesión das axudas para a adquisición de vivenda previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, que se tramitarán co código do procedemento VI435A.

Importe.
1. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos
inherentes a esa adquisición.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que
adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota adquirida. 

O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria rematará o día 31 de outubro do 2019 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito
orzamentario.

Máis información: DOG Núm. 8 do 11 de xaneiro de 2019

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X