Concello de Vimianzo
24 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

23-01-2012

A Sala de Exposicións Antón Mouzo acolle a obra do pintor vimiancés Xurxo Martiño

A Sala de Exposicións Antón Mouzo abre de novo as súas portas a outro artista vimiancés. O pintor Xurxo Martiño, Martín Costa Pérez, nacido en Caxadas (Cambeda) triunfa cos seus cadros dentro e fóra de Galicia, con numerosos premios e exposicións no seu currículo, mais ata o de agora tan só expuxera unha vez na súa terra natal, hai xa máis de trinta anos.

Con esta exposición, que foi inaugurada o pasado sábado e continuará aberta ata o 31 de marzo, o concello de Vimianzo quere facerlle un recoñecemento ao artista e ao mesmo tempo facer posible que os seus veciños e veciñas poidan coñecer unha mostra da súa obra, sen ter que saír de Vimianzo.
No acto de inauguración, Martiño estivo acompañado polo historiador, e presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Xosé Mª Lema; polo poeta fisterrán Alexandre Nerium; e polo alcalde de Vimianzo. Unha vez rematado o acto no auditorio, no que tamén participou Mara Costa, filla do pintor, Xurxo Martiño e Manuel Antelo foron os encargados de abrir a exposición para que os veciños e veciñas que se achegaron á Casa da Cultura arroupar o pintor, puidesen contemplar os cadros.

Ao igual que na exposición de Antón Mouzo, o concello organizará visitas guiadas para escolares á Exposición de Xurxo Martiño, nas que o propio pintor será o encargado de guiar pola súa obra, poñendo en práctica a súa outra faceta profesional. O alcalde de Vimianzo lembrou que a Sala de Exposicións nacía co fin de abrirse aos artistas locais, para que estes tiveran a oportunidade de mostrar a súa arte, pois en Vimianzo estamos orgullosos do noso.           

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X