Concello de Vimianzo
24 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-02-2019

Inauguración dunha nave de 3000 metros cadrados no Parque empresarial de Vimianzo

O martes 12 de febreiro desenvolveuse unha visita institucional ás novas instalacións que a empresa Hijos de Rivera construíu no Parque empresarial de Vimianzo.
O alcalde, Manuel Antelo percorreu as instalacións acompañado por Pablo Viejo e Antonio Buzón, director corporativo e director comercial de Hijos de Rivera e Pablo Arangüena, xerente da empresa pública Suelo Empresarial del Atlántico (SEA).
Esta delegación de Hijos de Rivera comezou a operar no mes de xaneiro despois de 6 meses de obras. Ocupa unha superficie de 3000 metros cadrados nunha parcela de ao redor de 4800. Está destinada a almacén e oficinas e dará emprego a perto de 30 persoas.
Dende este centro loxístico daráselle servizo á zona comprendida entre Carballo, Santa Comba e Fisterra.
O alcalde, Manuel Antelo, agradeceulles aos responsables da compañía que estableceran esta delegación en Vimianzo. Valora dunha menira moi positiva a instalación dunha empresa destas características no concello, tanto pola imaxe positiva que achega ao Parque como pola cantidade de empregos que xera.
Para Antelo a instalación dunha empresa destas características é un fito importantge para o Parque empresarial de Vimianzo pois supón a confirmación do PArque empresarial de Vimianzo como o referente de solo industrial da comarca.
Con todo, para o alcalde, a gran asigantura pendente é a rebaixa dos prezos do solo industrial. Non pode ser que os parques propiedade de SEA (Goberno do Estado) teñan prezos máis elevados que os de XESTUR (Xunta de Galicia) e así llo trasladou ao xerente de SEA, presente na visita.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X