Concello de Vimianzo
27 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axudas e concesións

08-02-2019

Programa Iniciativa XOVE

Axudas para proxectos liderados pola mocidade, en diferentes ámbitos: 

  • Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
  • Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
  • Fomento de actitudes creativas e innovadoras da xuventude na súa comunidade e na súa contorna.
  • Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
  • Creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
  • Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas para que colaboren activamente na toma de decisións, na xestión e na execución, desde o asociacionismo ou desde os grupos informais.
  • Conservación do ambiente e do patrimonio cultural e natural, así como a súa posta en valor.
  • Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
  • Dinamización da lingua galega entre a mocidade. 

Solicitantes: 

a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e que reúnan os requisitos establecidos no artigo 5 desta orde. 

b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. 

Prazo de solicitude: un mes. 

Máis información:

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X