Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-02-2019

O Concello de Vimianzo ampliará as escavacións no Castro das Barreiras

 O alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, acompañado da concelleira de Cultura, Marta Rei, e do arqueólogo Tito Concheiro presentaron a nova campaña de escavacións no Castro das Barreiras, na parroquia de Cambeda.

Concheiro xa desenvolveu unha campaña de escavación durante o ano pasado na que se descubriron restos de, polo menos dúas construcións de grande tamaño.

Durante esta campaña ampliarase a escavación do ano pasado, abrindo unha área de 16X18 metros, escavarase o interior da muralla e consolidaranse as estruturas atopadas na escavación do ano pasado.

Durante esta campaña as escavacións estarán abertas ao público coa posibilidade de organizar visitas guiadas ao xacemento.

Limpeza do Castro da Cerca

Ademáis das intervencións no Castro das Barreiras vaise a executar unha primeira intervención no Castro da Cerca na parroquia de Serramo.

Esta intervención consistirá na limpeza de maleza e vexetación, co obxectivo de deixar á vista as murallas, no levantamento topográfico, toma de datos e sinalización mediante paneis interpretativos.

Valoracións do alcalde, Manuel Antelo

O alcalde, Manuel Antelo, define estas intervencións sobre o patrimonio arqueolóxico como moi importantes, xa que contribúen á conservación e ao mantemento do mesmo ao tempo que fomentan a súa posta en valor, tanto entre as e os visitantes como entre a cidadanía.

Estas intervencións sobre o patrimonio, co obxectivo da súa conservación e posta en valor, son un dos eixos do goberno municipal de Vimianzo nesta materia, complementadas coa adquisición daqueles elementos máis senlleiros como foi o caso do dolmen de Pedra Cuberta, en Treos, que dende este verán é propiedade de todas e todos os vimianceses grazas a que o Concello adquiriu a súa propiedade.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X