25-01-2019
Axudas para EMPRENDEDORES-AUTÓNOMOS e/ ou EMPRESAS
1) Axudas a proxectos empresariais na Costa da Morte:
2) Outras
- Plan de Emprego Local (PEL) - Deputación da Coruña:
- LIÑA PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
- LIÑA PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES: Axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial.
- LIÑA PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
- LIÑA PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas
As solicitudes poderanse presentar únicamente de xeito telemático, a través da plataforma telemática SUBTeL, que se pode atopar na páxina web da Deputación da Coruña (www.dacoruna.gal).
O prazo de presentación de solicitudes ábrese o 21 de marzo (xoves) e pecha o día 22 de abril de 2019 (ás 14:00h).
Poderá consultar as bases e os anexos en https://emprego.dacoruna.gal/convocatorias
Máis información en:
o EdificioLa Milagrosa, Avenida de Cádiz nº 5, 1ª planta,15008, ACoruña (Ver mapa)
o 981 080 509 | pel@dacoruna.gal