Concello de Vimianzo
21 de febreiro de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-01-2019

Vimianzo expoñe en Madrid a experiencia "Europa cos cidadáns"

O Concello de Vimianzo a través da súa Axente de Desenvolvemento Local (ADL) participou onte no ministerio de Cultura e Deporte nuns talleres nos que explicou a súa participación no proxecto "Europa cos cidadáns".
O principal obxectivo deste programa europeo consiste en conectar as persoas de diferentes países da Unión Europea e máis alá da Unión que viven conxuntamente nas mesmas comunidades locais, para sensibilizar acerca dos seus valores e necesidades comúns, así como para promover o empoderamento das súas diferenzas sociais e multiculturais, a través da creación dunha rede de municipios rurais europeos para a mobilidade laboral que funcione a favor da integración social e laboral da cidadanía, co fin de lograr un crecemento intelixente, sustentable e integrador da Europa rural 2020.
Vimianzo participou durante os anos 2016 e 2017 xunto con entidades locais de Polonia, Portugal, Reino Unido e Italia. Este proxecto tivo como eixo fundamental as migracións e rematou co congreso internacional sobre migracións que se desenvolveu en Vimianzo en 2017.
Dende o Concello de Vimianzo califican o desenvolvento do proxecto dunha maniera moi positiva, xa que puxo de manifesto distintos datos que permiten deseñar políticas públicas e medidas de ámbito social para abordar o ámbito migratorio no contexto da unión Europea.

O Concello de Vimianzo foi escollido de novo para participar nun programa deste tipo durante os anos 2019 e 2020.
O proxecto apóiase no patrimonio cultural material e inmaterial. Pretende crear unha rede europea de pobos históricos intelixentes que dea participación á cidadanía na vida socioeconómica, favoreza accións de compromiso social e defina estratexias de desenvolvemento local que conduzan ao crecemento rural intelixente, sostible e inclusivo na UEbaseadas na actividación do legado cultural.
Está previsto contar coa participación de 40 pequenos municipios rurais con menos de 10.000 habitantes.de 8 países diferentes (España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Antiga República Yugoslava de Macedonia e Letonia), que pertencen ás catro áreas de Europa (este, oeste, norte e sur).
A duración do proxecto esténdese entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 31 de decembro de 2020. Os grupos de traballo temáticos transnacionais levarán a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da Rede europea de pobos históricos intelixentes. A través desas accións desenvolverase un mapa coas mellores prácticas de iniciativas exitosas xurdidas das sinerxias entre a innovación social e o patrimonio cultural. Ademais, realizarase un seguimento das estratexias de desenvolvemento local baseadas nos valores e bens culturais, patrimoniais e históricos das áreas rurais. Despois de ser analizadas estas mellores prácticas, transferiranse á rede, co fin de idear estratexias de desenvolvemento conxunto e liñas de acción para os territorios da rede.
Finalmente, para garantir a continuidade da rede máis alá da vida útil do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade.

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
3
4
5
6
7
8
11
12
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X