Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

07-01-2019

Novas solicitudes 2019 - Renovacións para beneficiaros 2018.

Tarxeta Benvida: axuda económica para as familias con fillos e fillas nados no ano 2019 e beneficiaros no 2018

Tarxta benvida 2019

Normativa

Orde do 21 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta benvida, para as familias con fillas e fillos nados ou adoptados/as no ano 2019 e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 248 do 31/12/2018)  BS403B

 Preguntas frecuentes


Obxecto

Concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2019 teñan un fillo/a, adopten ou sexan declaradas en situación de garda con fins adoptivos e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda no ano 2018, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á ampliación.

A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Persoas beneficiarias

1. Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nun dos seguintes supostos:

  1. Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.
  2. Ter constituída a adopción ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis nenos/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.

2. Tamén se poderán beneficiar da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2019.

3. Igualmente poderán beneficiarse da ampliación aquelas familias que obtiveran a axuda no ano 2018 e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito á dita ampliación.

Requisitos

  1. Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Considerarase cumprido este requisito co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.
  2. Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. De ser superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €. *
  3. Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 €, para ter dereito á ampliación da axuda prevista no artigo 4.2.
  4. Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2019 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.
  5. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
  6. No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida para unha filla ou fillo en situación de garda preadoptiva, non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.

* Para a determinación da renda da unidade familiar, con carácter xeral sumaranse a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da declaración da renda do último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención.

Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais:

  1. As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.
  2. As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  3. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.
  4. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos.

No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.

Contía da axuda

Con carácter xeral, a contía total da axuda é de 1.200 € por cada fillo ou filla nado/a en 2018 durante o seu primeiro ano de vida a razón de 100 €/mes, que se farán efectivos do seguinte xeito:

  1. Ano 2019: un único pagamento coa contía que corresponda en función do mes de nacemento, ou de ser o caso do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos e ata o mes de decembro, incluído.
  2. Ano 2020: un único pagamento coa contía que corresponda desde xaneiro e ata o mes anterior ao que o neno ou nena cumpra un ano ou ata o mes anterior a que se cumpra un ano do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

Para aquelas familias con renda igual ou inferior a 22.000 €, a axuda ampliarase no segundo ano de vida e ata que o neno ou nena cumpra tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos, nas seguintes contías:

  1. 600 €/ano, a razón de 50 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o primeiro.
  2. 1.200 €/ano, a razón de 100 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o segundo. 
  3. 2.400 €/ano, a razón de 200 €/mes, se o fillo/a que dá dereito á axuda é o terceiro ou sucesivos.

Esta ampliación farase efectiva en pagamentos anuais sucesivos co importe que corresponda ata o mes de decembro do exercicio en curso en función do mes de nacemento, ou do ditado da resolución de adopción ou garda con fins adoptivos do fillo ou filla polo/a cal se concedeu a axuda.

(A tarxeta solicítase unha vez e mantense nos anos sucesivos ata que o/a neno/a cumpra tres anos si se siguen cumprindo os requisitos, que se comproban de oficio pola administración)

A instrumentación da axuda efectuarase a través da entrega da tarxeta Benvida, que se expide a nome da persoa solicitante. A Consellería de Política Social remitirá as tarxetas ás familias coa carga inicial e con instrucións para a súa activación e informándoas das condicións de uso. A tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Documentación

Solicitude (presencial ou en liña)

  1. Comprobación de datos do/a cónxuxe ou parella (Anexo II) debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, se é o caso.
  2. Copia completa do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, documentación acreditativa dos vínculos de parentesco da persoa solicitante co resto dos membros da súa unidade familiar.
  3. Certificado de empadroamento conxunto da persoa solicitante e da/o nena/o que dá dereito á axuda.
  4. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou a garda con fins adoptivos, de ser o caso, cando se trate de adopcións formalizadas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  5. Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.
  6. No suposto de familias monoparentais, a documentación anterior poderá substituírse pola copia do certificado administrativo de monoparentalidade, sempre que conste nel a filla ou fillo polo que se solicita a axuda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta ante a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica ou que sexa expedido por outra comunidade autónoma.
  7. Pasaporte en vigor da persoa cónxuxe ou parella, para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.
  8. Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado de organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.
  9. No suposto de persoas galegas emigrantes retornadas ou descendentes, deberase presentar ademais:
    1º. Documentos xustificativos do nacemento en Galicia ou de ser descendente dunha persoa galega.
    2º. Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España.
    3º. Pasaporte para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

Cando se acheguen coa solicitude documentos en idioma distinto do galego ou castelán, deberá presentarse tamén a tradución dos ditos documentos para calquera destes dous idiomas.

Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
5. No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, deberase presentar unha copia dixitalizada dos documentos indicados nos puntos anteriores.

Lugar de presentación:

  • Preferentemente electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.gal.

Prazo de presentación de solicitudes

Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dita a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de garda con fins adoptivos e de adopción. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día no que se ditou a resolución de adopción ou de garda con fins adoptivos.

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2019 e sempre que o fillo ou filla nacera con anterioridade ao seu regreso, este prazo de dous meses contarase a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.

 

Prazo de resolución: Tres meses | Sentido do silencio administrativo: Negativo

Procedemento de adhesión dos establecementos ao programa

Procedemento de adhesión ao programa Tarxeta benvida para a ampliación dos seus beneficios

Entidades adheridas

  • Supermercados Eroski Center, Hipermercados Eroski e Supermercados Familia: 3% de desconto en todas as compras realizadas 
  • Mi Mueble BB:  5% de desconto directo nos seus produtos. 
  • Grupo Cuevas:
    • 3% de desconto en todas as compras realizadas nos puntos de venda Aquié, Aquí e Plenus.
    • Durante o primeiro ano de vida do bebé, subministrará ata 150 botellas de auga mineral en formato de litro e medio e mais un pack de benvida personalizado.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X