Concello de Vimianzo
24 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Outras Convocatorias

18-12-2018

Prácticas profesionais en empresas para a mocidade

A Deputación da Coruña está organizando un itinerario de prácticas en empresas para a mocidade. 

  • Horas: 760 h (aproximadamente 6 meses)
  • Lugar: nas instalacións das empresas colaboradoras que asinen o acordo de participación
  • Prazo de inscrición: VENRES 21 DE DECEMBRO ás 14:00 horas
  • Lugar de inscrición: as persoas do concello de Vimianzo terán que inscribirse no departamento de Promoción Económica antes da data sinalada. 

Os requisitos para inscribirse son: 

  1. Ter de entre 16 e 30 anos
  2. Estar inscritos/as na Oficina de Emprego correspondente e registrados/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  3. Estar empadroado/a en algún dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.
  4. Persoas mozas desempregadas da provincia, capacitadas académica ou profesionalmente e con titulacións de Técnico Medio e Superior en Formación Profesional ou certificado de Profesionalidade de Nivel 3, Diplomadas e Licenciadas e/ou con Grados Universitarios, sen experiencia laboral no seu sector. 

A documentación necesaria para realizar a inscrición é: 

  1. DNI
  2. Tarxeta ou documento que acredite o número de Afiliación á Seguridade Social
  3. Certificado/volante actualizado de empadroamento
  4. Tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego)
  5. Documento que acredite o requisito de acceso
  6. Documento que acredite a inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X