Concello de Vimianzo
25 de setembro de 2021
O corazón da Terra de Soneira

Actividades

  • Viaxes organizadas para a 3ª idade.
  • Baile social: Esta actividade está destinada principalmente para as persoas maiores de toda a Comarca, e ten lugar no Restaurante Pastoriza de Vimianzo. A tempada de baile transcorre dende outubro ata xuño.
  • Xantar dos nosos maiores: xantar que se organiza para todos/as veciños e veciñas das 14 parroquias de Vimianzo, maiores de 60 anos e que se celebra anualmente o último sábado de abril.
  • Alfabetización de adultos: trátase dun taller de aprendizaxe e recuperación da capacidade lecto-escritura para maiores.
  • Talleres de psicoestimulación cognitiva: desenvólvense actividades de activación mental e adestramento da memoria para persoas maiores de 50 anos.
  • Promoción da igualdade: desenvolvemento de actividades ao longo de todo o ano, para a mellora dos niveis de igualdade entre mulleres e homes de Vimianzo e para paliar os déficits que as mulleres seguen tendo en relación á súa participación na vida social, cultural e económica do concello. Destacamos a celebración dos días 24 de novembro “Día internacional contra a violencia de Xénero” e do 8 de marzo “Día internacional da Muller”.
  • Curso de español para inmigrantes: trátase dun curso de aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida para que todas as persoas inmigrantes se familiaricen coa nosa lingua.
  • Cea anual de Servizos Sociais: anualmente organízase unha cea para todos os veciños e veciñas que participaron nas diferentes actividades de ocio organizadas por esta área (viaxes, excursións, ...)

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2021 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
25
26
27
28
29
30
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X