Concello de Vimianzo
19 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Cereixo

Desembocadura do río Grande ou Porto

Posible porto de peregrinos a Santiago

Segundo o libro “Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte”, de Xosé Manuel Lema Suárez, Cereixo foi un lugar estratéxico para o comercio e a defensa do territorio vimiancés a partir do século X, aínda que non sobreviviu aos saqueos de vikingos e árabes que chegaron á terra de Soneira nos séculos XII e XIII, e quedou totalmente arrasado.
Pero o Porto de Cereixo recuperouse e seguiu a ter unha grande importancia. Ata el chegaban barcos con peregrinos que seguían o seu camiño para acadar o Xacobeo en Santiago ou en Muxía, e máis tarde, durante a época da emigración, foi un punto de recollida da xente da zona que embarcaba cara a América.

Arquitectura de pedra

Nesta pequena parroquia de pouco máis de 500 habitantes encóntranse as Torres de Cereixo, levantadas no século XVII (non visitables). Na fachada principal loce un escudo señorial que representa ás casas dos señores feudais Novoa, Bermúdez, Castro, Soutomaior, Mendoza e Vilamarín.

Ao carón situase a Igrexa de Santiago de Cereixo (s. XII). Na súa portada sur presenta unha imaxe da traslación dos restos de Santiago acompañado dos sete discípulos nunha barca, unha representación única no románico galego e unha das catro existentes no

románico hispánico. Alí, ao seu lado, coma un vixía, obsérvaa un carballo centenario, testemuña de moitas historias.
Trátase pois dunha bela paisaxe de mar e terra que afianza o seu encanto grazas ás casas de pedra con balcóns, un enorme hórreo de 30 metros de lonxitude e os seus muíños de mareas (s. XVII). Construídos sobre a desembocadura da ría de Camariñas, estes muíños aproveitaban a subida da auga da ría para acumulala e que, cando baixara, dispuxera de auga para moer. Unha verdadeira mostra de enxeñaría mariña.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X