Quixera darlle a benvida ó concello de Vimianzo a través da nosa web municipal. Unha ferramenta informática que cumpre a dobre función de portal de información para o visitante e de oficina virtual para a nosa veciñanza, como sede electrónica.
Unha das nosas premisas na acción de Goberno é a proximidade. A conexión a través da rede é un elemento fundamental para lograr maior inmediatez de resposta á veciñanza e gañar en canto a divulgación e acceso aos servizos.
Polos seus contidos, a web municipal é tamén un portal de información para os visitantes e potenciais inversores. A través da mesma, o usuario pode coñecer o noso patrimonio histórico, turístico e cultural e acceder a recomendacións sobre a nosa gastronomía e comercio.
Tamén se accede ao noso potencial económico e industrial. Coñecer a nosa gandería, e o seu esforzo modernizador e consultar as vantaxes de instalarse no Parque Industrial ou de integrarse no pequeno comercio local.
Traballamos día a día por ser máis transparentes, máis próximos e útiles para o usuario. Agardamos a súa visita e os seus comentarios, que nos farán mellorar.
Así pois, como alcaldesa do Concello de Vimianzo, quedo a disposición de todos os veciños/as do municipio.
Un saúdo,
Mónica Rodríguez OrdóñezAlcaldesa de VimianzoContacto Alcaldía:
- Tel.: 981 716 001
- Fax: 981 716 650