Concello de Vimianzo
3 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Economía

Análise do Sector Primario

Vimianzo toca o mar en dous puntos, un entre Laxe e Camariñas, e outro entre Camariñas e Muxía. Polo tanto, a actividade pesqueira, practicamente, non é apreciable neste municipio. Porén, gozan de importancia os terreos forestais e os dedicados a pasto.

Existen 744 explotacións de vacún, 177 de ovino, 2 granxas de porcino, 3 piscifactorías, unha granxa de polos e outra de avestruces.

ExplotaciónsNúm. ExplotaciónsNúm. Reprodutoras
Vacún3494.938*
Ovino1421169
Porco2300
Avicultura-Galiña115000
Avicultura-Avestruz130
Apicultura14 (todos autoconsumo)200 Colmeas
Piscicultura (Troita)2-
Fonte: Servizo de Sanidade Animal (Xunta de Galicia, ano 2011 e * Anuario Estadística Agraria, ano 2005).

Os cadros que figuran a continuación expresan as principais superficies e cultivos de Vimianzo en Ha.:

Superficie TotalS.A.USup. Cul.Prados e Patizais
1869339383111855
TrigoCenteoMaízPatacaForraxesHortalizasFroitas
254215352759701215
               Fonte: Instituto Galego Estadística, ano 1999.
Forestal DesarborizadoForestal ArborizadoOutras ZonasSup. ConcelloForestal TotalSAU/ Sup. TotalF. Arb/ Sup. TotalF. Arb/ Sup. Total
1.06511.5562.25118.75412.62121%67%92%

Está amplamente implantada en todo o municipio a gandería de vacún, existindo no 2002 un total de 744 explotacións, das cales considéranse viables 204, potencialmente viables 106 e non viables 434. Nestas granxas hai 10.111 reprodutoras, 3.617 novillas e 5.627 becerros.

O terreo forestal, que ocupa uns dous terzos do territorio, produce madeira principalmente de eucalipto e piñeiro, sendo a explicación do asentamento de 7 aserradeiros.
En canto á minería, destaca a explotación de caolín en  Castrelo, que exerce a empresa CAVISA.

Análise do Sector Secundario

O estudo realizado pola Deputación Provincial da Coruña con motivo da elaboración do Plan Estatéxico da provincia da Coruña 2007-2013 califica a Vimianzo como “significativo” baixo o punto de vista de presenza empresarial. Indica ademais, que forma parte do grupo de municipios, idóneo a priori, para aplicar os esforzos de promoción con maior garantía de resposta. 

O seguinte gráfico reflicte a distrubución das 1.048 altas que figuran no Censo de IAE de 2010, por grandes grupos, referidas a Vimianzo.

Segundo datos da Seguridade Social de decembro de 2010, das 2.614 persoas afiliadas en Vimianzo, encádranse na Construción 612 e en Industria 442.
Os datos son os seguintes:

Total persoas afiliadas2.614
Agricultura e pesca347
Industria442
Construción612
Servizos1.213

En canto ao número de empresas, segundo a mesma fonte, das 681 que hai en Vimianzo, desenvolven actividade industrial 81 e 210 de construción. Os datos son os seguintes:

Total de empresas de Vimianzo681
Industria81
Construción210
Servizos390

É relevante o peso de empresas relacionadas coa construción, algunhas delas figuran no ranking de Ardan.

Tamén merece a nosa atención, a producción de enerxía eléctrica. As augas do río Grande abastecen as centrais de O Foxo, Gayoso e Carantoña. Existe tamén unha central de enerxía termoeléctrica e un parque de xeneradores eólicos inaugurado en 2002, xunto con dous xeneradores de titularidade municipal.

Outro subsector destacable é o da industria téxtil, dado o elevado número de empregos que crea. Pero sufriu un notable descenso nos últimos anos. De 18 que había en 2003 agora quedan 8. Tamén existe unha fábrica de artigos de pel dedicada á exportación.

A artesanía do encaixe está fortemente arraigada no municipio, calculándose que unhas 500 mulleres se dedican a tempo completo ou parcial a esta actividade. Nembargantes, non xenera o suficiente valor engadido como para sacala da economía somerxida. É importante o papel que desenvolven unha comercializadora e o asociacionismo apoiado na Mostra de Artesanía do Castelo de Vimianzo, para que este legado non se perda.

Análise do Sector Terciario

A vocación comercial de Vimianzo constátase no elevado número de licenzas no apartado de comercio. O número de establecementos está en proceso de crecemento.

En canto á hostalería, hai na capital do municipio 7 hostais e destaca a restauración, sendo Vimianzo un lugar de referencia na zona. A centralidade en Terra de Soneira é a explicación do asentamento de numerosos profesionais.

ServizosTotal
Servizos varios132
Servizos relacionados coa construción79
Servizos de transporte50
Servizos de alugueiros varios69
Comercio maioristas e retallistas varios249
Comercio de alimentación24
Ensinanza varios11
Profesionais varios57
Actividades relacionadas coa sanidade e at. a persoas24
Turismo e hosteleria26
Total 
971

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X