Concello de Vimianzo
3 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Preguntas Frecuentes

¿Canto tempo ten un operador para tramitar a miña baixa do servizo?
O contrato extinguirase polas causas xerais de extinción dos contratos e, especialmente, pola vontade do abonado, comunicándoo previamente ao operador cunha antelación mínima de dous días hábiles ao momento no que ten que surtir efectos.

O operador  absterase de facturar e cobrar calquer cantidade que se poidera devengar, por causa non imputable ao usuario final, con posterioridade ao prazo de dous días no que debió surtir efectos a baixa.

Contratei un servizo cunhas condicións e agora néganse a aplicalas dicindome que non veñen no contrato. ¿Debo esixilas?

O contido da oferta, promoción ou publicidade, as prestacións propias de cada ben ou servizo, as condicións xurídicas ou económicas e garantías ofrecidas serán esixibles polos consumidores e usuarios, aínda cando non figuren expresamente no contrato celebrado ou no documento ou comprobante recibido e deberán terse en conta na determinación do principio de conformidade co contrato.

Comprei un ordenador por Internet e agora  dinme que non teñen o  produto, danme outro de características similares pero querenme cobrar 200 euros más. ¿Podo negarme?

De non atoparse dispoñible o ben ou servizo contratado, cando o consumidor e usuario tivera sido informado expresamente de tal posibilidade, o empresario poderá subministrar sin aumento de prezo un ben ou servizo de características similares que teña a mesma ou superior calidade.

Neste caso, o consumidor e usuario poderá exercer os seus dereitos de desistimiento e resolución nos mismo termos que si se tratara do ben ou servizo inicialmente requerido, sin que lle sexan esixibles os custos directos de devolución.

¿Debo de asinar algo cando deixo o vehículo a reparar no taller?

En todos os casos nos que o vehículo quede depositado no taller, tanto para a elaboración dun orzamento como para levar a cabo unha reparación previamente aceptada, o taller entregaralle ao usuario un resgardo acreditativo do depósito do vehículo.

¿Poden cobrarme unha penalización si me quero dar de baixa por un cambio nas condicións contractuais?

En principio os contratos de servizos de comunicacións electrónicas sólo poderán ser modificados polos motivos válidos expresamente previstos no contrato. Nestos casos, o usuario final tendrá dereito a resolver anticipadamente e sen penalización algunha. Non obstante os operadores deberán notificar ao usuario final as modificacións contractuais cunha antelación mínima dun mes, informando expresamente na notificación do seu dereito a resolver anticipadamente o contrato sen penalización algunha.

Ausenteime por catro meses e non paguei a factura do teléfono ¿poden cortarme a liña?

O retraso no pago do servizo telefónico dispoñible ao público dende unha ubicación fixa por un período superior a tres meses ou a suspensión temporal, en dúas ocasións, do contrato por mora no pago dos servizos correspondientes dará dereito ao operador, previo aviso ao abonado, a interrupción definitiva do servizo e a correspondente resolución do contrato. O impago do cargo polos servizos de acceso a Internet ou de servizos de tarifas superiores, en especial do servizo de tarificación adicional, sólo dará lugar a la interrupción de tales servizos.

Se quero darme de baixa da miña liña de telefonía móbil con anterioridade ao período de permanencia ¿debo de pagar unha penalización?

Os abonados poden finalizar o contrato comunicalo previamente ao operador, cunha antelación mínima de dous días hábiles á data efectiva da baixa.

Si no contrato existe unha cláusula de permanencia, non impide exercer o dereito a darse de baixa antes de que finalice, ahora ben se o abonado se da de baixa con anterioridade, podríanselle esixir as vantaxes ou ofertas vinculadas a esa permanencia, como o prezo dos teléfonos móbiles, ofertas económicas.

¿Podo pedir a desconexión aos servizos de tarificación adicional?

Os operadores que presten o servizo telefónico dispoñible ao público deberán garantir aos seus abonados o dereito á desconexión de determinados servizos, entre os que se incluirá, alomenos, o de chamadas internacionais e a servizos de tarificación adicional.

¿Cómo é o proceso de cambio de operador?

Os procesos de cambio de operador realizaranse, con carácter xeral, a través da baixa do usuario final co operador de orixe e a alta co de destino.

Para a tramitación da baixa, o abonado deberá comunicala directamente ao operador de orixe conforme ao procedemento que figure no contrato, aínda que, a recepción polo operador de orixe dunha solicitude válida de cambio de operador con conservación de número implicará a baixa con dito operador de todos os servizos asociados ao servizo telefónico identificado pola numeración portada. A baixa surtirá efectos a partir do momento no que o operador de orixe deixe de prestar efectivamente o servizo.
 
 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X