Concello de Vimianzo
4 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Desenvolvemento Sostible

Que é o Desenvolvemento sustentable?

Foi nos anos 70 cando se formulou por primeira vez o concepto de ecodesenvolvemneto (Maurice Strong, 1973), entendéndose o mesmo como un desenvolvemento socialmente xusto, ecoloxicamente compatible e economicamente viable. Pero é a partir da segunda metade dos anos oitenta, e principalmente a partir do chamado "Informe Brundtland" (O noso futuro común, 1987), cando se xeralizou un novo concepto, o de desenvolvemento sustentable, entendéndose o mesmo como un obxectivo social que desexaba todo o mundo.

Á vez que se ía estendendo a preocupación por chegar a unha sustentabilidade na nosa sociedade, quedaba implícita a insostenibilidade do noso actual modo de vida.

O concepto de desenvolvemento sustentable expresa unha idea fundamental: que debemos satisfacer as nosas propias necesidades sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas. Noutras palabras, non debemos vivir hipotecando o futuro das xeracións vindeiras.

Cales son os principios do desenvolvemento sustentable?

A partir do traballo realizado por filósofos e economistas como Herman E. Daly, xorden seis principios ou criterios operativos de desenvolvemento sustentable, os cales se resumen no seguinte cadro:
  • Principio de irreversibilidade cero: este principio trata sobre a necesidade de reducir a cero as intervencións acumulativas e os danos irreversibles.
  • Principio da recolección sustentable: versa sobre a igualdade no gasto e a xeración de recursos, é dicir, as taxas de recolección dos recursos renovables deben ser iguais ás taxas de rexeneración destes recursos.
  • Principio do baleirado sustentable: é dicir, a explotación de recursos naturais non renovables é case sustentable a condición de que a súa taxa de baleirado sexa igual á taxa de creación de substitutos renovables.
  • Principio de emisión sustentable: implica que a taxa de emisión de residuos debe ser igual á capacidade natural de asimilación dos mesmos por parte dos ecosistemas aos que se emiten eses residuos. Este principio trae implícito que a emisión de residuos non biodegradables debe ser igual a cero.
  • Principio de selección sustentable de tecnoloxías: débese ao uso de tecnoloxías que aumenten a produtividade dos recursos (o volume de valor estraído por unidade de recurso) fronte a aquelas tecnoloxías que incrementan a cantidade extraída de recursos (eficiencia fronte a crecemento).
  • Principio de precaución: fronte á magnitude dos riscos aos que nos enfrontamos, imponse unha actitude de prevención. Debemos anticiparnos para identificar e destacar as accións ou vías que poderían levar a desenlaces catastróficos, aínda que a probabilidade dese suceso pareza pequena e as vías alternativas sexan máis difíciles ou custosas.

Que podemos facer para contribuír ao Desenvolvemento Sustentable?

  • Fomentar a presenza de biodiversidade nas hortas e montes, fomentando o desenvolvemento de especies autóctonas (castiñeiros, carballos, ameneiros...).
  • Usar materiais libres de substancias contaminantes, minimizar as embalaxes, etc.

Enerxía:
  • Usar e manter sistemas de aforro de electricidade (non deixar luces acesas, utilizar lámpada de baixo consumo), controlar as perdas de calor, etc.
  • Utilizar sistemas eficientes e de aforro da auga.
  • Reducir, reutilizar e reciclar os residuos xerados.
Contaminación:
  • Diminuír a xeración de substancias contaminantes do aire (sprays), reducir a contaminación acústica, asegurar a boa aireación das zonas de uso, etc.
Transporte:
  • Reducir o uso de vehículos particulares, fomentar o transporte público.

Un concello sustentable é:
  • Un concello XUSTO, onde a xustiza, os alimentos, o cobixo, a educación, a sanidade e as posibilidades se distribúan debidamente e onde todos os seus habitantes se sintan partícipes do seu goberno;
  • Un concello BONITO, onde a arte, a arquitectura e a paisaxe fomenten a imaxinación e removan o espírito;
  • Un concello CREATIVO, onde a amplitude de miras e a experimentación mobilicen todo o potencial dos seus recursos humanos e permita unha máis rápida capacidade de resposta ante os cambios;
  • Un concello ECOLÓXICO, que minimice o seu impacto ecolóxico, onde a relación entre espazo construído e paisaxe sexa equilibrada e onde as infraestruturas utilicen os recursos de maneira segura e eficiente;
  • Un concello QUE FAVOREZA O CONTACTO, onde o espazo público induza á vida comunitaria e á mobilidade dos seus habitantes e onde a información se intercambie tanto de maneira persoal como informaticamente;
  • Un concello COMPACTO E POLICÉNTRICO, que protexa o campo de arredor, centre e integre ás comunidades no seo de veciñanzas e optimice a súa proximidade;
  • Un concello DIVERSO, no cal o grao de diversidade de actividades solapadas anime, inspire e promova unha comunidade humana vital e dinámica. (cita extraída da publicación Cities for a small planet, Richard Rogers, 2000)

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X