A misión do persoal do Departamento de Promoción Económica é apoiar a transformación dos recursos dispoñibles en fonte de emprego e riqueza para a poboación de Vimianzo e a súa contorna, nun marco de desenvolvemento sostible, igualdade de oportunidades e innovación.
A visión deste servizo é ser centro municipal de referencia e dinamización en materia de emprego, novas tecnoloxías, promoción económica e desenvolvemento local.
Os valores que enmarcan este labor son o compromiso coa comunidade, a transparencia, o traballo en equipo, a responsabilidade social e o respecto polas persoas e polo medio ambiente.