Concello de Vimianzo
22 de xullo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Andaina polos Penedos de Pasarela e Traba

 Concello de Vimianzo e o Concello de Laxe organizan por segundo ano consecutivo unha andaina conxunta pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, unha iniciativa que busca dar a coñecer e poñer en valor un dos espazos naturais máis singulares da Costa da Morte.

A actividade, incluída na programación de Recunchos 2026, celebrarase o sábado 11 de xullo e estará guiada polo xeólogo Xan Fernández Carrera, quen achegará ás persoas participantes as claves para comprender a riqueza xeolóxica, paisaxística e natural deste enclave.

A saída terá lugar ás 9:30 horas desde o cruce do Bañal e o percorrido, de 5,4 quilómetros, desenvolverase polo concello de Laxe. A chegada está prevista arredor das 14:00 horas no mesmo punto de inicio.

As inscricións permanecerán abertas ata o xoves 9 de xullo a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6opuxtUhrfNwgp777 ou nas páxinas web dos concellos de Vimianzo e Laxe.

 Unha nova oportunidade para descubrir os tesouros naturais que compartimos e seguir explorando os recunchos máis especiais do noso territorio.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X