Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

CAMPAÑA DA NEVE 2024 – DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Dirixido: a rapaces e rapazas do concello de Vimianzo que teñan entre os 11 e os 15 anos (cumpridos a 31/12/2022).

Prazas: ao concello de Vimianzo fóronlle adxudicadas 5 prazas, con prioridade para os/as inscritos/as que non participaron nunca no programa.

Prezo: 85€ (inclúe transporte, aloxamento, manutención e cursos de esquí na estación Valgrande – Pajares (Asturias).

Sorteo: No caso de que o número de inscricións supere ás prazas ofertadas realizarase un sorteo público o luns 11 de decembro ás 10 horas no concello coa fin de adxudicar as prazas.

Prazo de inscrición: ata o venres 1 de decembro no mostrador de Rexistro do concello de Vimianzo.

Documentación necesaria:

* Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai.

* Fotocopia da tarxeta sanitaria.

* Fotocopia do carné de identidade ou Libro de Familia.

* Certificado médico no caso de que o neno/a tivese algún tratamento ou doenza que deba ser tido en conta, ou no caso de que deba tomar algunha medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

* Autorización para a administración de medicación e información de alerxias.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X