Concello de Vimianzo
1 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

MULLER E EMIGRACIÓN

Rosalía deu en chamarlles “viúvas dos vivos” ás mulleres que quedaron ao cargo das súas casas e das súas familias durante os anos máis duros da emigración. Foron elas as que tiveron que asumir os dous roles, feminino e masculino, encargándose da crianza e dos coidados, do fogar e do traballo na terra. E foron elas as que co seu esforzo e sen ningún tipo de recoñecemento, sacaron adiante a toda unha xeración. Pero, tamén foron elas as que colleron a maleta na procura desa ansiada estabilidade e  porvir das súas familias, deixando fogar e fillos.

Dito popular

"panilleira que panillas
no cordon da almohada
dime ti panilleiriña
a quen tes palabra dada"

Rosalía de Castro

Este baixe e aquel vaise
e todos, todos se van;
Galicia sen homes quedas
que te poidan traballar.
Tes en cambio, orfos e orfas,
tes campos de soidade,
e nais que non teñen fillos,
e fillos que non teñen país.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
Viúdas de vivos e mortos
que ninguén consolará

Evaristo Martelo Paumán Del Nero

Na terra donde nacimos
as penas non doen tanto,
nin son as covas tan soas;
que están os avós debaixo.
Ou fillos de Bergantiños
que estades aló no mar,
para os poucos que volvedes,
cantos se quedan alá!

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
28
29
30
31
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X