Concello de Vimianzo
4 de decembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Plan de reactivación económica da comarca

O futuro aínda é incerto e os concellos da comarca queren estar preparados para afrontalo. Así, a raíz dunha iniciativa dos ADL de Camariñas e Vimianzo, todos os axentes de desenvolvemento local da Costa da Morte veñen de crear un comité de traballo para facer un plan de activación económica da Costa da Morte.

Todo se iniciou cando as e os profesionais de Camariñas e Vimianzo propuxeron ás súas respectivas alcaldesas organizar un plan de reactivación da economía para cando rematase o Estado de Alarma.

Foi entón cando se comezou a traballar. Primeiro organizouse un comité de traballo máis reducido, que está conformado por un total de sete ADL de cinco concellos: Camariñas, Vimianzo, Carnota, Mazaricos, Zas. Ademais, tamén forma parte deste grupo de traballo a Deputación da Coruña a través dunha axente de desenvolvemento local da área de promoción económica provincial, que se encarga de orientar e recoñecer as accións que poidan ser susceptibles de incorporarse a algunha das liñas de axudas provinciais. Pola súa parte, a Asociación Finisterrae de Profesionais de Desenvolvemento Local de Galicia AFIPRODEL tamén se involucrou desde o principio, aportando ferramentas e asesorando aos profesionais.

Método de traballo

“A idea é analizar a situación na que nos atopamos, que escenarios son os que poderemos atoparnos cando isto pase e, con todo isto, articular un conxunto de accións que sexan eficiente e poidan poñerse en práctica aproveitando os recursos locais e a coordinación entre os municipios”, argumentan desde o comité de traballo”.
Tripla actuación

A estratexia deste comité de traballo desenvolverase en tres niveis:

• A elaboración da citada batería de propostas dirixida directamente aos Concellos para que estes poñan en marcha as que consideren máis útiles tendo en conta as características do seu territorio.
• Ter preparadas propostas e accións tendo en conta que se poidan abrir liñas de subvencións a nivel provincial, autonómico e estatal.
• Que se articulen propostas que poidan ser presentadas a novas liñas, ou a algunha das que xa existen, da Comunidade Europea.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
28
29
30
31
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X