Concello de Vimianzo
6 de xuño de 2020
O corazón da Terra de Soneira

Biblioteca virtual

Debido ao peche das bibliotecas está a haber unha maior demanda dos servizos de préstamo electrónico. Por esta razón, habilitouse un espazo en GaliciaLe (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) para que os cidadáns que non teñen carné de biblioteca poidan autorrexistrarse e teñan acceso ao servizo de préstamo electrónico. Daráselle un prazo de 30 días desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca para obter o carné. Se non o fan, deixarán de ter acceso a GaliciaLe.

Explicamos a continuación as diferentes casuísticas (VIMIANZO corresponde á casuística número 2):

  1. Se o usuario reside nunha localidade cuxa biblioteca non está en Koha, poderá autorrexistrase co formulario do OPAC de Koha. No despregable inicial non atopará a súa localidade, polo que terá que selecccionar a opción "Outra localidade". No recadro final "Outras bibliotecas/Otras bibliotecas" indicará a biblioteca á que quere que se lle vincule o carné. 
  2. OPCIÓN DE VIMIANZO: Se o usuario reside nunha localidade cuxa biblioteca está en Koha, poderá autorrexistrarse co formulario do OPAC de Koha a biblioteca á que quere vincularse. Darémoslles un prazo dun mes desde a fin da corentena para que se acheguen á biblioteca para obter o carné. Se non o fan, eliminaranse automaticamente de Koha e deixarán de ter acceso a GaliciaLe.

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2020 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X