Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

GAC: Senda interpretativa "O mar de Vimianzo"

no núcleo de Cereixo

O Concello de Vimianzo executou no 2019 a parte de documentación, elaboración dos contidos e deseño do proxecto a senda interpretativa “O Mar de Vimianzo” que vai a desenvolverse no núcleo de Cereixo mediante a instalación de dez paneis interpretativos ao longo dun itinerario. Un proxecto financiado polo Grupo de Acción Costeira Costa da Morte (Consellería do Mar-Xunta de Galicia e o Fondo Europeo e Marítimo-Unión Europea).

Co presente proxecto o concello de Vimianzo pretende poñer en valor o patrimonio marítimo, tanto cultural como natural do núcleo de Cereixo. Os obxectivos principais serían os seguintes: destacar a importancia do mar de Cereixo ao longo da súa historia e divulgar o patrimonio natural e cultural de Cereixo e a ría do Porto, mellorando o incrementando o seu coñecemento. E para levalo a cabo é necesario crear un percorrido que permita aos visitantes e veciños combinar lecer, cultura e natureza, sen esquecer a obrigada presenza das novas tecnoloxías da información para a súa difusión.

O principal fito documental deste traballo foi o vencello entre a historia de Cereixo a súa igrexa medieval, do século XII, adicada á advocación de Santiago Apóstolo e, polo tanto, indiscutiblemente ligada á tradición xacobea. No Porto de Cereixo, que durante a emigración viu saír a tantos galegos cara América, atracarían outrora tamén barcos peregrinos foráneos que viñan gañar o xubileu. A Translatio da portada sur da citada igrexa é unha representación única que merece toda a nosa atención pola súa singularidade e a súa iconografía. Non obstante, tamén están presentes outras temáticas polo evidente valor etnográfico, natural e histórico do núcleo de Cereixo como podemos comprobar nos títulos das diferentes mesas interpretativas: as Torres de Cereixo, obosque galería do rego de Carnés ou río de Cereixo, omuíño de mareas das Torres, afundación de Cereixo, Vila Purificación, aflora e a fauna da ría do Porto, as incursións normandas e almorábides eo porto de Cereixo e os estaleiros.

A fase do proxecto realizada na anualidade 2020 consistíu na instalación dos paneis informativos e a realización dun microsite asociado "O Mar de Vimianzo" para ampliar información mediante a tecnoloxía dos códigos QR e facilitar a accesibilidade dos usuarios noutras idiomas.

Na anualidade do 2021 realizouse a obra para habilitar este espazo interpretativo e colocáronse os paneis informativos. Con isto, conclúese o proxecto Senda Interpretativa "O Mar de Vimianzo".

Ligazóns

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X