FASES DE ACTUACIÓN
- 1ª Ata o día 14 de AGOSTO, procederase a RECOLLER TODOS OS AVISOS, dos interesados, que chamen ao teléfono 698 148 504, en horario de 9:00 h a 15:00h, indicando o nome e apelidos, enderezo, teléfono e ubicación dos mesmos.
- 2ª Unha vez ordenada a relación de solicitudes, a partir do día 21 de AGOSTO, iniciarase a recollida por zonas.
ADVERTENCIA
Advírtese da necesidade de dar os avisos nesta primeira fase. Calquera petición ou chamada posterior non será tida en conta.
RECORDATORIO
Os agricultores e gandeiros dobrarán e empacarán os plásticos da mellor maneira posible, con fio de empacar (“rafia plastificada”) que se comercializa para as pacas. Estes plásticos almacenados e preparados para a súa recollida deberán:
- Ter a menos suciedade posible, procedente de terra, herba ou materia orgánica.
- Evitar conter outras materias impropias,( tubaxes de PVC, garrafas, sacos bigbag, rodas….) que poden dificultar os traballos de reciclaxe e tratamento final de recuperación para novos usos. Nese caso, será rechazada a recollida.