Concello de Vimianzo
16 de xuño de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Coñece a Costa da Morte - Andaina Vimianzo

O Concello de Vimianzo propón realizar a Vía Mariana, no tramo que descorre polas terras de Vimianzo entre o Orbellido e Berdoias, co obxecto de dar a coñecer esta ruta que se inicia na cidade de Braga (Portugal) e remata na localidade galega de Muxía.

Trátase dunha ruta que pretende recuperar antigos camiños históricos polos territorios do interior de Galicia e norte de Portugal, pasando polos principais santuarios de culto relixioso e panteísta, que teñen a súa orixe no mundo precristián e continuaron ao longo do tempo vertebrando a vella Gallaecia.

Concretamente, o tramo de Vía Mariana que vai dende o Orbellido a Berdoias ten unha distancia de case 14 km, dos que o 50% descorren por camiños e o outro 50% por pistas asfaltadas de escaso tráfico. Durante a andaina teremos a ocasión de visitar a Igrexa de Santo Antoiño de BaÍñas, así como o Dolmen da Casota de Freans (Berdoias) datado entre o 2.500 e o 2.000 a.C.

A inscrición será gratuíta e o prazo pecharase o xoves 11 de abril ás 13 horas.
Poden facer a inscrición cubrindo o seguinte formulario https://forms.gle/9uRzX8JFU54FTewD9
Para todos os que se despracen no bus do concello, a saída será ás 09.30 h da praza do concello. Os que se despracen pola súa conta deberán de estar no Cruceiro do Orbellido ás 09.45 h

Ligazóns

Descargas

Sede Electrónica
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2019 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
17
18
19
20
21
23
24
25
26
27
28
29
30

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X