Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Vimianzo

  • Castelo de Vimianzo
  • Castelo de Vimianzo
  • Casa da Cultura

  • Superficie: 20,138 km2.
  • Habitantes
  • Lugares: A Gándara, A Ponterroda, A Torre, A Toxa, A Valiña, As Pasantes, Brives, Casais, Sansobre, Somonte, Tedín, Trasouteiro, Urroa, Vilar, Vimianzo.
A parroquia de Vimianzo atópase no val do seu mesmo nome. Limita ao norte coa parroquia de Calo, ao leste coa de Salto, ao sur coa de Cambeda, ao suroeste con Berdoias e ao oeste coas parroquias de Carnés e Carantoña.
Na entrada da vila de Vimianzo atopamos o Castelo. Trátase dunha fortaleza do séc. XII – principios do XIII, de planta poligonal, catro torres, un patio de armas e outras dependencias, rodeadas dun foso. Estas torres, propiedade dos Condes de Altamira foron mercadas en 1872 por Evaristo Martelo Núñez, propiedade que herdaría o poeta Evaristo Martelo Paumán del Nero, de aquí o nome de Torres de Martelo como tamén son coñecidas. Actualmente son propiedade da Deputación da Coruña, e nelas pódese ver unha Mostra de Artesanía en vivo.
Preto do Castelo atópase o Pazo de Trasariz, de estilo renacentista construído a finais do séc. XVII, de propiedade privada.

No outro extremo do núcleo urbano, no lugar de Trasouteiro, atópase o Pazo que dá nome ao lugar. Dentro dun valado e un portal atópanse dúas casas de propiedade privada, que actualmente non teñen aparencia de pazo, e unha capela neoclásica dedicada á Virxe da Concepción, construída a principios do séc. XIX. Ademais destes pazos, no lugar da Gándara atópase a casa do mesmo nome do lugar; no lugar da Toxa quedan os restos da Casa da Condesa e da capela de San Xosé; no lugar de Casais, atopamos a Casa de Vista Alegre.

No centro da vila de Vimianzo atopamos a igrexa parroquial de San Vicenzo de Vimianzo. Contrariamente á orientación tradicional, a igrexa presenta a fachada cara ao leste e a cabeceira cara ao oeste, pois déuselle a volta en 1966 para que a fachada mirase cara á praza, onde se atopa tamén a fonte.
Preto da capital municipal está o Monte Faro (448 m.) o punto máis alto do concello.

Festas: San Vicenzo (22 de xaneiro), Festas do Verán (agosto), Frei Diego de Cádiz (abril/maio).
Rapa das Bestas (Campo da Areosa, xullo), Asalto ao Castelo (1ª fin de semana de xullo), Baixada de Carrilanas (Trasouteiro, abril/maio)

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (Varios autores Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de estatística (datos poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X