Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Tines

  • Necrópole de Tines
  • Tines

  • Superficie: 9,30 Km²
  • Habitantes
  • Lugares: Pazos, Romarís, Tines.
A parroquia de Tines sitúase no leste do concello de Vimianzo. Limita ao norte coa parroquia de Bamiro, ao leste co concello de Zas, ao sur coa parroquia de Treos e ao oeste coa de Salto.

Tines é unha parroquia pequena dedicamda basicamente ao sector primario.

A parroquia de Tines tivo grande importancia nas idades Antiga e Media, e testemuño diso son os restos dunha necrópole romano-sueva atopado no subsolo do adro parroquial, con enterramentos desde o séc. I ao VIII d.C. Os achados romanos aquí atopados poderían corresponderse cos restos dunha antiga vila romana, segundo o investigador Chamoso Lamas, que atopou ademais sartegos pétreos e restos de enterramentos construídos con tégulas. No mesmo lugar atopouse ademais a estela funeraria de Victorino, tardorromana, posiblemente o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia, datable a finais do séc. IV - principios do V. Esta tégula atópase no Museo Arqueolóxico da Coruña.  No adro onde se atoparon estes restos podemos ver actualmete a igrexa parroquial, que ten adosada a antiga capela da Ermida Vella.

En canto á fidalguía local podemos falar da Casa de Romarís, situada no lugar deste nome.

Festas: Ermida Vella (8 de setembro), San Antonio (1º domingo de xullo), Santa Baia (decembro).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord. ), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X