Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Salto

  • Batáns do Mosquetín

  • Superficie: 25 Km²
  • Habitantes
  • Lugares: A Lagoa, A Costa, Cainzadas, Castro, Castromil, O Careixo, O Mosquetín, Reboredo, Reparada, Salto, Santa Irena, Señoráns, Torelo.
A parroquia de Salto é a parroquia máis extensa do concello de Vimianzo e está situada ao norte deste concello. Limita polo norte co concello de Laxe, polo leste co concello de Zas e coas parroquias de Bamiro e Tines; polo sur coa parroquia de Treos e polo oeste coas parroquias de Vimianzo e Calo.

Salto é unha parroquia basicamente agrícola e gandeira, mais hai que destacar a presenza dunha piscifactoría á beira do río Grande, no lugar do Mosquetín. Neste mesmo lugar, á beira da piscifactoría, atopamos o conxunto etnográfico conformado por varios muíños e dous batáns actualmente propiedade da Deputación da Coruña.

A pegada megalítica nesta parroquia témola no lugar de Castro que debe o seu nome á existencia dun castro no lugar.

A igrexa parroquial de Salto atópase no lugar do mesmo nome, preto do lugar de Castro. A grande extensión da parroquia fixo que se erguesen capelas nos lugares máis distantes: na Lagoa a ermida da Virxe da Peregrina e a capela de Santa Helena. De máis recente construción é a igrexa parroquial de Castromil. No alto do monte de San Bartolomeu (412 m.) tamén se ergue unha capela de devoción a este santo, datada de 1681.

En canto á fidalguía local atopamos nesta parroquia o Pazo de Castromil, que conta cunha capela particular, e dúas casas brasonadas máis en Señoráns.

Festas: San Eleuterio de Salto, Santa Helena (principios de maio), a Virxe da Peregrina na Lagoa (16 de agosto), San Bartolomeu (24 de agosto) e San Ramón en Castromil (31 de agosto).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos poboación de 2012)

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X