Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Cereixo

  • Pórtico Cereixo
  • Torres Cereixo
  • Cereixo
  • Igrexa Cereixo

  • Superficie: 5,97 km2 .
  • Habitantes
  • Lugares: A Esquipa, Cures, Porto de Cereixo, Tufións, Vilar.
A parroquia de Cereixo atópase no oeste do concello de Vimianzo. Limita polo norte co concello de Camariñas, polo nordeste coa parroquia de Carantoña, polo leste e surleste coa parroquia de Carnés, polo sur con Carnés e co concello de Muxía e polo oeste co concello de Muxía.

Na parroquia de Cereixo, na parte alta dunha pequena península formada pola unión do río de Cereixo coa desembocadura do Río Grande, atópanse as Torres de Cereixo, construídas no séc. XVI, pertencentes primitivamente aos señores de Calo e Carantoña. Actualmente son propiedade privada. A poucos metros destas Torres atopamos un muíño de marea, construído a mediados do séc. XVII, que pertencía ás Torres. Actualmente é propiedade dos herdeiros de Rey de Viana.

Fronte ás Torres de Cereixo atopamos a mansión coñecida actualmente como “Villa Purificación”, que presenta características dun pazo do séc XVIII.

Nesta idílica paraxe atopamos a igrrexa parroquial de Santiago de Cereixo, construción románica do séc XII – XIII, que presenta no tímpano da portada sur unha representación da traslación dos restos de Santiago acompañado dos sete discípulos nunha barca. Esta “traslatio” é unha representación única no románico galego e unha das catro do románico hispánico.

Festas: Santiago Apóstolo (24-28 de xullo)

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X