Concello de Vimianzo
27 de xuño de 2022
O corazón da Terra de Soneira

Castrelo

  • Castrelo
  • Castrelo

  • Superficie: 8,46 km2
  • Habitantes
  • Lugares: As Casas da Ponte, A Fonte, Cerbán, Lavandeira, O Bico do Cuco, O Cruceiro, O Vilar, Roalo, Vilaseco.

A parroquia de Castrelo atópase no suroeste do concello de Vimianzo. limita polo norte e leste coa parroquia de Cambeda, polo sur coa de Baíñas e polo oeste coa de Berdoias.

É unha parroquia fundamentalmente dedicada ao sector primario, na que destaca a actividade mineira coa explotación dunha mina de caolín preto do lugar de Cerbán.

No que se refire á pegada megalítica atopamos en Castrelo, como o mesmo topónimo nos indica, no monte do Sino, o Castro de Lavandeira (300 m. de altitude). No lugar de Vilaseco atopamos o dolmen coñecido como A Arquiña.

No lugar de Castrelo atópase a igrexa parroquial de San Martiño de Castrelo.

Festas:
Sacramento (xullo), Nª Sra. do Carme (10 de agosto), San Martiño (11 de novembro).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Dbarrio. Comercion online
Axenda
- 2022 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
5
6
7
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X