Concello de Vimianzo
9 de outubro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Carnés

  • Carnés
  • Carnés
  • Carnés

  • Superficie: 14,77 km2
  • Habitantes
  • Lugares: A Casiña, A Devesa, A Penoubiña, Campolongo, Carnés, Montecelos, Moreira, Mouzo.
A parroquia de Carnés atópase no oeste do concello de Vimianzo. Limita polo noroeste coa parroquia de Cereixo, polo norte coa parroquia de Carantoña, ao leste con Vimianzo, ao surleste coa parroquia de Berdoias e ao suroeste co concello de Muxía.

En canto á fidalguía local preto do lugar de Montecelo atopamos a Casa de Penoubiña, que presenta un escudo de armas.

No lugar de Carnés destaca a igrexa parroquial de San Cristovo de Carnés coa fachada barroca construída en 1798.

De especial interese é a festa da Faguía de Carnés, declarada recentemente de interese turístico. Aínda que esta festa naceu no ano 1608 e nela facíase un xantar que se ofrecía aos cofrades da Confraría de San Cristovo, a festa foi mudando ata desaparecer no ano 1894. O que non desapareceu foi a comida, aínda que esta xa non era para os cofrades senón para os pobres. Estes situábanse no muro da Cerca, que é onde se celebra actualmente a festa recuperada no ano 1981 con reparto de callos xa non para os pobres senón para todo aquel que se achegue á Faguía.

Festas:
San Antonio (13 de xullo), A Faguía (9 de xullo), San Cristovo (10-12 de xullo)

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord.), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema), Romarías da Costa da Morte (Vilar, M. Fernández, X.) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
13
14
15
16
17
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X