Concello de Vimianzo
15 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Bamiro

  • Bamiro

  • Superficie: 6,20 Km²
  • Habitantes
  • Lugares: A Devesa, A Gándara, A Piroga, Bamiro, Cheis, O Campo, O Campo da Feira, O Ceán, Oróns.
A parroquia de Bamiro está situada no nordeste do concello de Vimianzo. Limita co concello de Zas polo norte e polo leste, polo sur coa parroquia de Tines e polo oeste coa de Salto.

Bamiro é unha parroquia dedicada basicamente á agricultura e gandería coa excepción do lugar da Piroga que conforma un dos tres núcleos urbanos do concello de Vimianzo, con maior presenza do sector servizos. Na Piroga atópase o campo da feira, onde se celebra a tradicional feira, desde hai máis de 250 anos, o primeiro martes e o terceiro domingo de cada mes.

Na parroquia de Bamiro podemos atopar a igrexa parroquial situada ao pé do Monte Torán, preto do lugar de Bamiro. Na cima deste monte (222 m), ao que se accede desde a igrexa parroquial ou desde o Campo da feira, atopamos a Ermida dedicada á Virxe de Monte Torán, a quen se atribúe a curación dos males da cabeza. Na ladeira deste mesmo monte podemos atopar a fonte milagreira da santa.

Á saída do lugar de Cheis, nunha encrucillada do vello camiño real que unía esta parroquia coa zasense de Pazos, atópase o Cruceiro dos Santos, unha talla gótica de finais do s. XIV - inicio do XV, ou principios do XVI,  sendo, polo tanto, un dos cruceiros máis antigos de Galicia. É este cruceiro cunha gran complexidade iconográfica pois presenta un total de 9 figuras na súa cruz e un tema excepcional como é o da Trindade.

Festas: Nª Sra. de Monte Torán (martes anterior á Ascensión), Nª Sra. do Carme (último domingo de xullo), o Sacramento, San Antonio e San Roque (17 e 18 de agosto), Virxe dos Dolores (primeiro domingo de outubro).

Os datos deste apartado foron sacados de: A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (varios autores, Xosé Mª Lema, coord. ), Os mellores pazos da Costa da Morte (Xosé Mª Lema), A arte relixiosa da Terra de Soneira (Xosé Mª Lema) e do Instituto Nacional de Estatística (datos de poboación de 2012).

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X