#EuSAVE #EuSAVE España #EuSAVE Portugal #EuSAVE Berovo #EuSAVE Italia #EuSAVE Croacia #EuSAVE Bulgaria #EuSAVE Letonia

O proxecto

No proxecto #EuSAVE participarán 40 pequenos municipios rurais de menos de 10 000 habitantes, de 8 países diferentes (España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria Letonia e República de Macedonia), pertencentes ás catro áreas de Europa (Leste, Oeste, Norte e Sur).

O obxectivo do proxecto é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica das súas vilas, promovendo accións de compromiso social e definindo estratexias de desenvolvemento local baseadas nas oportunidades que ofrece o patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos, como activos para o crecemento rural intelixente, sustentable e inclusivo da UE.

Durante un período de 2 anos, os grupos de traballo temáticos transnacionais levarán a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadá no marco da rede europea de vilas históricas intelixentes creada polo proxecto #EuSAVE. A través destas accións, desenvolverase un mapeamento de boas prácticas das iniciativas de éxito que xorden das sinerxías entre a innovación social e o patrimonio cultural. Ademais, farase un seguimento das estratexias de desenvolvemento local baseadas nos valores e activos culturais, patrimoniais e históricos das zonas rurais. Despois de ser analizadas, as boas prácticas identificadas serán transferidas á rede, que definirá estratexias conxuntas de desenvolvemento e liñas de acción para vilas históricas intelixentes.

Finalmente, para asegurar a continuidade da rede más alá da vida útil do proxecto, elaborarase un plan de transferibilidade e sustentabilidade. Este plan incluirá directrices sobre como identificar, transferir e formalizar novos acordos de colaboración con outros municipios rurais europeos, e articulará un marco común de colaboración entre as entidades socias do proxecto (membros da rede) no futuro.

Descargas

Concello de Vimianzo
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X