Do 16-11-2026 ao 16-11-2026
A aula Cemit de Vimianzo organiza a xornada “Prepárate para un Nadal iberseguro”, a cal ten por obxectivo descubrir as boas prácticas para facer compras en liña seguras, identificar ofertas e webs enganosas como as do Black Friday, recoñecer fraudes típicas destas datas e coñecer os riscos dos novos xoguetes conectados e dispositivos intelixentes que chegan como agasallo.