Formación
Fecha de inicio: 31-01-2022
Fecha de fin: 31-05-2022
CURSOS: Competencias clave, Dinamización comunitaria e Guía por itinerarios de baixa e media montaña
Dentro do PEL-Emprego Sustentable no ámbito rural 2021-2023 da Deputación da Coruña abre o prazo de inscrición nas seguintes accións formativas ...
Dentro do PEL-Emprego Sustentable no ámbito rural 2021-2023 da Deputación da Coruña abre o prazo de inscrición nas seguintes accións formativas:
- COMPETENCIAS CLAVE (Lingua e Matematicas) de nivel 2 a desenvolver en Baio (Zas) e outra de nivel 3 a desenvolver en Oleiros.
- DINAMIZACIÓN COMUNITARIA (3 edicións, certificado de nivel 3), ademais das saídas profesionais que proporciona a obtención deste certificado de profesionalidade (animación comunitaria e sociocultural, técnico comunitario, axente de desenvolvemento local) podemos destacar a posibilidade de mellora e aumento do nivel de cualificación das persoas formadas en Atención Sociosanitaria en Institucións, como oportunidade para especializarse na organización de actividades coas persoas de residencias e/ou centros de día. Sedes: Arteixo (Centro Agarimo), Laxe (centro Colaxe) ou Santa Comba (centro formación municipal) e Ortigueira (centro de formación municipal).
- GUÍA POR ITINERARIOS DE BAIXA E MEDIA MONTAÑA (1 edicións, certificado de nivel 2), estase a desenvolver xa unha edición en Mazaricos, trátase dunha boa oportunidade para o desenvolvemento profesional dunha actividade altamente demandada no ámbito das actividades deportivo-recreativas na natureza e turismo activo, deportivo ou de aventura, pero tamén nas áreas de programación, organización, desenvolvemento, seguimento e avaliación de itinerarios para todo tipo de usuarios. Sede: Teo (Centro de Formación Fuego y Mar) ou Mazaricos.
DESTINATARIOS/AS.
COMPETENCIAS CLAVE:Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda. Non se require formación.
DINAMIZACIÓN COMUNITARIA: Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo (bacharelato ou titulacións equivalentes) ou as competencias clave (nivel 3).
GUÍA POR ITINERARIOS DE BAIXA E MEDIA MONTAÑA: Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo (graduado en ESO) ou as competencias clave (nivel 2) e que amosen algunha das seguintes situacións:
Ademáis do anterior, amosar algunha das seguintes situacións:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes)
- Habitar en zonas consideradas rurais
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.
- Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ)
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (deberá de entrar no programa desexado para poder descargar modelo de solicitude).
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
- Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
- No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
- Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
- Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
- Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.
PRAZO. Ver prazos na sede.vimianzo.gal. As persoas de Vimianzo poderán presesentar a documentación no departamento de Promoción Económica ou a través de https://sede.vimianzo.gal
MÁIS INFORMACIÓN:
https://sede.vimianzo.gal/opencms/gl/procedimientosytramites/index.html#pel_sustentable