Formación
Fecha de inicio: 17-02-2021
Fecha de fin: 12-06-2021
Curso de SALVAMENTO E SOCORRISMO ACUÁTICO (inicio) - A Coruña
Dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está previsto impartir os seguintes certificados de profesionalidade no Programa de Salvamento e Socorrismo Acuático:
- AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 horas (340 formación teórica e 80 formación práctica)
- AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 210 horas (130 formación teórica e 80 formación práctica)
A formación teórico- práctica realizarase no Centro de Formación de Cruz Vermella na cidade de A Coruña e as prácticas profesionais non laborais, en praias de concellos da provincia. Primeiro desenvolverase a formación en espazos naturais con data de inicio prevista para mediados de febreiro e logo da tempada de praias, previsiblemente a finais de setembro, desenvolverase a formación en instalacións acuáticas.
REQUISITOS:
- Estar inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda e coa tarxeta de demandante de emprego vixente á data do prazo de inscrición.
- Ter cumpridos os 18 anos de idade no momento da inscrición.
- Estar empadroado/a en algún dos concellos da provincia da Coruña, preferentemente con poboación inferior a 50.000 habitantes
- Estar en posesión dos títulos ou certificados precisos para cursar a formación correspondente ao certificado de profesionalidade de nivel 2.
- Carencia de afeccións crónicas e enfermidades infecto_contaxiosas. Integridade física, resistencia, forza, destreza, coordinación visomotriz, axilidade, rapidez de reflexos.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA INSCRICIÓN:
- Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado.
- Certificado médico ou informe de saúde emitido por facultativo, que informe da capacidade físico_psíquica para o desempeño dun posto de traballo na actividade de salvamento e socorrismo acuático.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA NO CASO DE SAÍR SELECCIONADO/A:
- Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso.
- Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada
- Certificado ou Volante de empadroamento.
- Informe de Vida Laboral actualizado a data da inscrición ou Certificado negativo de alta no sistema de seguridade social.
- Acreditación do nivel académico que permita o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2.
PRAZO: As persoas de Vimianzo poderán entregar a documentación no departamento de Promoción Económica antes do VENRES, 5 DE FEBREIRO, ás 14:00 horas.
Descargas