Concello de Vimianzo
25 de marzo de 2023
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Fecha de inicio:  17-03-2023 Fecha de fin:  31-03-2023
Formacións do proxecto PEL Emprego Sustentable

Ábrense as convocatorias para participacións en accións formativas da última fase do proxecto PEL Emprego Sustentable (AP_POEFE_FSE):

  • BOIRO: NIVEL 1_OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA, 582 horas das que polo menos 230 será de prácticas en empresas do sector. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 15.03.2023
  • NARÓN: NIVEL 2_MONTAXE DE MOBLES E ELEMENTOS DE CARPINTERÍA, 642 horas das que polo menos 160 será de prácticas en empresas do sector. Horario de tarde. Prazo de solicitude: ata o 10.03.2023
  • NARÓN:  NIVEL 2_TRATAMENTO DE RESIDUOS E RECICLAXE, 522 horas das que polo menos 200 será de prácticas en empresas do sector. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  • ORTIGUEIRA: NIVEL 1_ACTIVIDADES AUXILIARES DE CONSERVACIÓN Y MEJORA DE MONTES, 382 horas, das que 80 serán de prácticas. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  • CORISTANCO: NIVEL 1_ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA 402 horas mais 80 horas de prácticas en empresas do sector. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  • CORISTANCO: NIVEL 1_ACTIVIDADES AUXILIARES EN AGRICULTURA 402 horas mais 80 horas de prácticas en empresas do sector. horario de tarde. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  • CORISTANCO: NIVEL 2_AGRICULTURA ECOLOXICA, 512 horas mais 80 de prácticas en empresas do sector. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  • CORISTANCO: NIVEL 2_AGRICULTURA ECOLOXICA, 512 horas mais 80 de prácticas en empresas do sector. Horario de tarde. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023
  •  CORISTANCO: NIVEL 1_ACTIVIDADES AUXILIARES EN APROVECHAMIENTOS FORESTALES, 302 horas, das que 80 serán de prácticas. Horario de maña. Prazo de solicitude: ata o 17.03.2023 

 

DESTINATARIOS/AS. Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, que acrediten o nivel académico mínimo e que amosen algunha das seguintes situacións:

  • Ter cumpridos os 16 anos de idade.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes)
  • Habitar en zonas consideradas rurais
  • Posuír a formación esixida para o acceso ao certificado de profesionalidade.
  • Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
    • Persoas desempregadas de longa duración (PLD): en situación de desemprego durante mais de 6 meses continuos si son persoas menores de 25 anos ou durante mais de 12 meses continuos si teñen unha idade igual ou superior a 25 anos.
    • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ)
    • Persoas maiores de 55 anos.
    • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
    • Persoas inmigrantes.
    • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
    • Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
    • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

 

DOCUMENTACIÓN:

  • Ficha de Solicitude completamente cumprimentada e asinada (deberá de entrar no programa desexado para poder descargar modelo de solicitude).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil: https://garantiajuvenil.sepe.es/login.action
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego.
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente.
  • Acreditación das titulacións ou certificacións que permitan o acceso a certificados de profesionalidade do nivel correspondente.

 PRAZO. As persoas de Vimianzo poderán presesentar a documentación no departamento de Promoción Económica.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2023 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
6
7
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte http://www.afiprodel.org/
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X