Concello de Vimianzo
18 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axenda

Mostra 'Cartas de amor'

Do 26-12-2015
ao 12-01-2016

artas de Amoré unha mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, con debuxos de artistas  de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares. A exposición quere sensibilizar a poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala.

Con Cartas de Amor, a Secretaría Xeral da Igualdade pretende establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que, ás veces, vai asociada a elas, tendo en conta que, nos últimos anos, se detectan moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física.

A orixe da mostra partíu da proposta da súa comisaria, Gemma Sesar, a varios debuxantes galegos e nacionais para plasmar nunha imaxe situacións ou momentos que considerasen como violentos entre adolescentes, co obxectivo de por de manifesto a necesidade de mudar esas actitudes por outras nas que prime o respecto á parella.

Deste xeito, na mostra están os traballos dos dous premios nacionais de ilustración, Miguel Calatayud, e de cómic, Paco Roca, no ano 2009; así como figuras galegas, como Patricia Castelao, Pirusca, David Pintor e Óscar Villán.

Tamén participan autoras e autores que están acadando grande éxito entre a xente máis nova, como Eva Vázquez, Javier Olivares, Primitivo, Sonia Pulido, Jack Mircala ou Sergi San Julián. Ademais o escultor Méndez, a escritora Anxos Sumai e o deseñador Fausto, únense a esta mostra con tres achegas diferentes.

Todos e todas elas mostran no seu traballo a súa reflexión personal sobre o que as Cartas de Amor non deben ser.

A exposición ten carácter itinerante e pode ser solicitada polos centros educativos galegos interesados nela, comprometidos co obxectivo de sensibilizar á poboación máis nova, facer reflexionar aos e ás adolescentes sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, contribuir a detectala e, polo tanto, a eliminala.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X