Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axenda

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE INVERNO 2023

Do 28-01-2023
ao 07-05-2023


O Concello de Vimianzo conta cunha nova programación cultural de inverno formada por 12 espectáculos de teatro, música, danza e circo para un público adulto e que se desenvolverán de xaneiro a maio no Auditorio municipal.

Todos estes espectáculos comezarán ás 20:30 horas excepto o do Centro Dramático Galego, que será ás 18:30 horas.

O prezo de entrada é de 5 euros (2,50€ a reducida) e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. Ademais, facilitarase un bono de 10 espectáculos a 40 euros que non inclúen nin o concerto da Sinfónica nin a Foliada do 11 de febreiro, xa que estes son de balde.

A venda anticipada será a través de www.woutick.es (gastos de xestión incluídos) ou na billeteira da Casa da Cultura de Vimianzo de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Nesta última tamén será posible adquirir unha entrada o día de cada función desde unha hora antes do inicio de cada unha.


Non se poderá entrar na sala unha vez comece o espectáculo.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X