Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Axenda

Exhibición dos Batáns

Do 16-11-2019
ao 16-11-2019

Desde o Concello de Vimianzo queremos celebrar este sábado 16 de novembro o Día do Patrimonio aproveitando o tempo de chuvias para visitar un dos grandes descoñecidos do patrimonio etnográfico galego: os batáns do Mosquetín. 

Poucas veces no ano poden verse en funcionamento os mazos deste conxunto único en Galicia. Haberá dúas oportunidades este sábado 16 de novembro en dous pequenos grupos de máximo 25 persoas: unha quenda ás 12h e outra ás 17h. 

É imprescindible reservar para poder ver este emocionante movemento das manlles de madeira de carballo coa acción da forza da auga. O enderezo de correo electrónico é turismo@vimianzo.gal 

Os batáns son construcións concebidas para o abatanado das teas, especialmente das teas de la. En liñas xerais adoitan ser edificios bastante rústicos nos que se sitúa un aparello de madeira con dous grandes mazos movidos pola forza da auga, que baten de forma alternativa os tecidos. Para máis información sobre o conxunto pode consultarse a súa páxina web https://osbatans.gal/ 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X