Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Desde a fundación do castelo no século XIII, pasando polos Moscoso, os arcebispos, irmandiños, o poeta Martelo, a guerra civil, até chegar á actualidade. Repaso pola historia da fortaleza da man dun xograr que narrará a historia mentres aparecen os protagonistas da mesma, encarnados por alumnos do Instituto Terra de Soneira.
Sábado 21 de setembro
18h00
Patio de armas do castelo de Vimianzo.
Duración aprox. 30 minutos.
Entrada gratuita