Concello de Vimianzo
26 de agosto de 2019
O corazón da Terra de Soneira

Novas

A programación do verán do Concello de Vimianzo está tendo unha grande acollida 13-08-2019

Máis dun cento de nenas e nenos participaron en cada unha das quendas do Vimiverán que se desenvolverá até o 31 de agosto. Este ano como novidade organízanse 4 edicións do Vimiverán , a primeira do 8 ao 19 de xullo (136 participantes), a segunda, do 22 de xullo ao 2 de agosto(130 participantes), a terceira, do 5 ao 16 de agosto(105 participantes) e a cuarta, do 19 ao 31 de agosto(95 participantes).

Durante estes días realizaron actividades de aprendizaxe medioambiental ,visitaron o Castelo,o paseo fluvial de Vimianzo, o Castro das Barreiras, viaxaron a Santiago e a Camariñas; tiveron tempo para obradoiros, manualidades, xogos, xincanas, piscina e gozaron dunha velada por quenda no pavillón de Vimianzo para os máis maiores. Non terán tempo para aburrrirse faltan moitas outras actividades programadas que rematarán cunha velada na Presa do Val de Baiñas.

Tamén se cubriron as 30 prazas destinadas a nenas e nenos nacidos entre 2002 e 2007 para o campamento multiaventura nas instalacións de Cabeza de Manzaneda, ao igual que para os cursos de informatica ( robótica, mecanografía e impresión 3D) que se desenvolven no Telecentro entre o 8 de xullo e o 30 de agosto.

Nos cursos de natación que se imparten polas mañás participan 30 nenos e nenas e a piscina permanecerá aberta para público xeral de martes a venres de 12:00 a 20:00 h. e sábados e domingos de 15:00 a 20:00 h.

O luns 12 de agosto, festivo local celebrouse o día do xogo na Praza do Concello con inchables, pintacaras, manualidades, xogos, festa da escuma e moi boa resposta da veciñanza.

O 21 de agosto 100 nenos e nenas participarán na excursión ao Aquapark de Cerceda.

A Sala de Exposicións Antón Mouzo durante o mes de agosto acolle exposición do XII Certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas da Deputación da Coruña que se poderá visitar de luns a venres de 8:30 a 15:00 h.


O programa de turismo cultural “Vimianzo Historia Viva” está tendo unha grande acollida entre o público, o Concello de Vimianzo fai un balance moi positivo do que vai de edición. Desde que comezou o programa o 15 de xullo máis de 1000 participantes puideron gozar das visitas guiadas. No reconto total habería que incluír moitas máis persoas, xa que non se conta neste balance o número de asistentes ás visitas teatralizadas, polo que esta cifra superaría con creces o milleiro de persoas.

O Castelo de Vimianzo é o centro de acollida de visitantes deste turismo cultural e por el pasaron 4604 persoas no mes de xullo, e son moitos os visitantes que agardan pola visita guiada e mesmo nalgún día como o sábado 27 xullo houbo visitas guiadas a cada hora. Unha das novidades deste ano que tivo moi boa acollida é a da visita guiada “a vila do Castelo” na que parten da praza do concello e que está a servir para que o visitante non visite o castelo só de paso, senón que se atreva a descubrir a vila ou outros recursos do propio concello.

A programación continua no mes de agosto coas visitas diarias guiadas ao castelo ( martes e xoves as 12h e venres as 18:30h a vila do castelo,mércores as 12h) , aos batáns do Mosquetín (martes e venres as 17h), ao Castro das Barreiras ( mércores as 12h e xoves as 17h), e o domingo coa visita teatralizada no castelo dos Quinquilláns (13h e 17h). Cada venres as 11h. organizase visita guiada a un dos dolmens sinalados na ruta dos dolmens.

Durante o mes de agosto sucederanse actividades como obradorio a pintura dos dolmens (día 9), noite no castelo “seres e espíritos da escuridade”( 23h-día 14), Pazo de Trasariz e visita á vila( día 10) e a visita á mina de caolín ( día 24).

No Castelo de Vimianzo celebranse os 25 anos da Mostra de Artesanía con diferentes actividades como aprender a facer maquetas de barcos( día7) ,cestos( día 13), trenzado sancosmeiros( día 14), a panillar ( día 17) ,modelar o barro( día 18), vainicas de liño( día 24), xabón con liñaza ( día 29). Tamén se desenvolverá unha panillada no patio do Castelo na tarde do sábado 17 e un desfile de liño ás 19:30h de día 23 de agosto.

Todas as actividades poden consultarse nas redes sociais e web municipal , Turismo de Vimianzo e na web www.vimianzo.gal/turismo

Ler máis novas

Avisos

Corte auga en CEREIXO, CAMPOLONGO, MOREIRA e A BARREIRA

Debido a unha segunda avaría, cortarase a subministración de auga potable en CEREIXO, CAMPOLONGO, MOREIRA e A BARREIRA

22/01/2019 - Festivo local

O 22/01/2019 é festivo local, polo que as dependencias municipais permanecerán pechadas.

Ler máis avisos

Corporación Corporación

A representación municipal do concello de Vimianzo.

Turismo Turismo

Vimianzo, compartimos contigo.

Liña directa co alcalde Liña directa coa alcaldesa

A alcaldesa atenderá as túas consultas.

Xestión Municipal Xestión Municipal

Un concello ao servizo dos veciños e veciñas.

Patrimonio de Vimianzo Patrimonio

Patrimonio relixioso e roteiro turístico por Vimianzo.

Escoitámoste Escoitámoste

Atendemos as túas peticións e demandas.

Transparencia Transparencia

Unha xestión transparente dos intereses municipais.

Liña Verde Liña Verde

Comunicación de incidencias e consultas medioambientais.

Sede Electrónica - Vimianzo Sede Electrónica

Servizo de trámites on-line.

Perfil do Contratante Perfil do Contratante

Contratación pública convocada polo Concello.

COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X