Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-04-2018

O público poderá visitar as escavacións do Castro das Barreiras

O IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) inaugurou este luns as visitas escolares ao castro das Barreiras. Con moita ilusión e curiosidade, tras ter traballado os contidos na clase, o alumnado de 1º da ESO foi recibido polo director do proxecto, o arqueólogo Ángel Concheiro. El mesmo foi o guía que os introduciu na cultura castrexa percorrendo diferentes espazos do xacemento, como o foso, a muralla e
finalmente a escavación.
“Abrir as Barreiras”, o nome do plan de divulgación do gran castro do Val de Vimianzo, resume a intención principal deste proxecto impulsado polo ente municipal. Durante todo o tempo da escavación, que previsiblemente se poida alongar un pouco máis debido ao
mal tempo, os centros escolares da comarca visitarán estes traballos da man dos propios arqueólogos.
Non só é para o alumnado, senón que tamén se abren as tardes ás asociacións culturais que queiran coñecer de primeira man os achados que se producen no castro das Barreiras.
Xa para o público xeral convócase unha primeira visita ao xacemento para o xoves día 12 ás 17h (en horario laboral, xa que o que se visitan son as propias obras). Quen queira gozar desta oportunidade debe inscribirse previamente a través do correo electrónico turismo@vimianzo.gal ou ben chamando ao 981 716 001 en horario de mañá.
Para seguir todas as novidades o castro das Barreiras conta con dúas redes sociais (facebook e instagram) e a web www.vimianzo.gal/castrodasbarreiras

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X