Concello de Vimianzo
20 de maio de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Convocatorias

20-11-2017

Área de Benestar Social

Bono social eléctrico

Actualización 14/11/2017: incorporación de táboa cálculo cos límites de ingresos familiares segundo a categoría (vulnerables, vulnerables severos, vulnerables con circunstancias especiais),referenciados ao IPREM 2017 (14 pagas)

Normativa:

Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 242 do 7/10/2017)

Orde ETU/943/2017, do 6 de outubro, pola que se desenvolve o Real Decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regula a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica. (BOE nº 243 do 9/10/2017)

A primeira condición para acceder, en todos os casos, é ter contratada unha potencia igual ou inferior a 10 kW e estar acogido á facturación regulada (PVPC) e non en mercado libre.

Consumidor vulnerable

Cumplidos os requisitos anteriores terá a consideración de consumidor vulnerable quen cumpra algún dos seguintes requisitos (abonda con un deles):

  1. Que a súa renda ou, caso de formar parte dunha unidade familiar, a renda conxunta anual da unidade familiar a que pertenza sexa igual ou inferior:
    • 1,5 veces o IPREM de 14 pagas, no caso de que non forme parte dunha unidade familiar ou non haxa ningún menor na unidade familiar;
    • 2 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa un menor na unidade familiar;
    • 2,5 veces o índice IPREM de 14 pagas, no caso de que haxa dous menores na unidade familiar.
    Circunstancias especiais: os limiares de renda anteriores veranse incrementados en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, vítimas do terrorismo e para aqueles fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%.
  2. Estar en posesión do título de familia numerosa.
  3. Que o propio consumidor e, no caso de formar parte dunha unidade familiar, todos os membros da mesma que teñan ingresos, sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente, percibindo a contía mínima, e non perciban outros ingresos.

Consumidor vulnerable severo

Cando cumprindo os requisitos anteriores, o consumidor e, no seu caso, a unidade familiar á que pertenza:

  1. Teñan unha renda anual inferior ou igual ao 50% dos limiares establecidos no apartado a), incrementados no seu caso, en 0,5.
  2. Teñan unha renda anual inferior ou igual a unha vez o IPREM a 14 pagas ou dúas veces o mesmo, no caso de que se atope na situación do apartado c) ou b), respectivamente

Consumidor en risco de exclusión social

Quen reúna os requisitos para ser vulnerable severo e que sexa atendido polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local que financie polo menos o 50 % da factura, acreditado mediante documento expedido polos ditos servizos sociais.

A subministración a un consumidor que acreditase os requisitos anteriores e estea acollido á tarifa de último recurso (TUR) será considerado subministración de electricidade esencial.

Beneficiarios do novo bono social eléctrico

Categoría Límite de renda Límite de consumo con BS                           
Desconto  PVP      
Prazo corte subministro
Consumidores vulnerables    
Familias vulnerablesFam. sen menores con renda ≤ IPREM | Fam. con un menor e 2 veces o IPREM | Fam. con 2 menores e 2,5 veces o IPREM- Sen menores: 1.200  Kwh/ano - Con un menor:1.680 Kwh/ano - Con 2 menores: 2.040 Kwh/ano25%4 meses
Circunstancias especiaisOs limiares de renda anteriores incrementaranse en 0,5 veces o IPREM para as vítimas de violencia de xénero, do terrorismo e fogares con algún membro cunha discapacidade superior ao 33%.
Familias numerosasSen límite3.600 Kwh/ano25%2 meses
Fam. con pensións mínimasSen límite1.680 Kwh/ano25%2 meses
Consumidores vulnerables severos

- Fam. con un 50% menos de renda que as familias vulnerables.

- Fam. numerosas con rendas inferiores a 2 veces o IPREM

- Fogares de pensionistas con rendas equivalentes ao IPREM

40% 4 meses
Consumidores en risco de exclusión socialConsumidores vulnerables severos atendidos polos servizos sociais.50%Non poderá ser suspendido.  Admón. autonómica ou local asume o 50 % da factura

Cálculo das rendas

A renda calcúlase sumando a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro da última declaración do IRPF (casillas 392 e 405). Sumaranse as contías correspondentes a todos os membros da unidade familiar.

Se o solicitante ou calquera dos integrantes da unidade non presentasen declaración por non estar obrigados a iso  partirase dos datos que consten na AEAT.

A estes efectos consideraranse os rendementos do traballo, do capital ou de actividades económicas e ganancias e perdas patrimoniais, de acordo co concepto establecido para as devanditas rendas na normativa reguladora do IRPF.

Ámbito temporal do bono social - Renovación cada 2 anos

O bono social aplicarase durante o prazo de dous anos, salvo que con anterioridade se perda algunha das condicións que dan dereito á súa percepción. Será prorrogable si se solicita a renovación con unha antelación mínima de quince días hábiles da finalización do prazo dos dous anos.

O bono social non poderá renovarse se para a comprobación dos requisitos non existe o consentimento expreso do interesado ou dos membros que compoñen a súa unidade familiar maiores de 14 anos,ou se este consentimento foi retirado.

No caso das familias numerosas perceptoras do bono social, a aplicación do bono social estenderase ao período en que se atope vixente o correspondente título de familia numerosa.

No caso de que antes do prazo de dous anos, ou antes de que finalice o período de vixencia do título de familia numerosa, se produza a perda dalgunha das condicións que dan dereito á percepción do bono social, este deixará de ser aplicado desde o día en que se materialice a perda da condición.

Obriga de actualización de datos

O consumidor acollido ao bono social ou, no seu caso, a Administración autonómica ou local cuxos servizos sociais estean a atender ao consumidor en risco de exclusión social, estarán obrigados a comunicar ao comercializador de referencia calquera cambio que supoña a perda da condición de consumidor vulnerable ou, no seu caso, de vulnerable severo, no prazo máximo dun mes desde que se producise.

Non suspensión da subministración de electricidade ao consumidor en risco de exclusión social

A subministración de electricidade do consumidor que teña a condición de vulnerable severo acollido á TUR e que estea a ser atendido  polos servizos sociais dunha Administración autonómica ou local, non poderá ser suspendido cando a dita administración asuma polo menos o 50 por cento do importe da súa factura a PVPC previo á aplicación do desconto por bono social, e o pago sexa efectuado e acreditado mediante o correspondente certificado ante o comercializador de referencia no prazo de cinco meses desde a emisión da factura.

Documentación

Solicitude, acompañada da seguinte documentación

  • Fotocopia do NIF ou NIE do titular do punto de subministración ou, no seu caso, de todos os membros da unidade familiar.
  • Certificado de empadroamento en vigor, individual ou conxunto, do titular de punto de subministración ou de todos os membros da unidade familiar.
  • No caso das unidades familiares, libro de familia ou, no seu caso, certificación da folla individual do Rexistro Civil.
  • No caso de familias numerosas, copia do título de familia numerosa en vigor.
  • No caso de que aplique algunha das circunstancias especiais, certificado ou documento acreditativo expedido polos servizos sociais.
  • No caso de que o titular ou todos os membros da unidade familiar sexan pensionistas do Sistema da Seguridade Social por xubilación ou incapacidade permanente que cobren a pensión mínima vixente en cada momento para as devanditas clases de pensión, certificado da Seguridade Social relativo ao titular ou a todos eles.

Acreditación das circunstancias especiais

O certificado ou documento acreditativo emitido polos servizos sociais do órgano competente ou o órgano que designe a Comunidade Autónoma poderá seguir o modelo do anexo II. Para a súa expedición, o solicitante deberá achegar aos servizos sociais a documentación seguinte no caso de que o solicitante ou algún dos membros da unidade familiar esté en algunha das circunstancias especiais:

  1. Discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %: certificado do grao de discapacidade expedido pola CA ou, se é o caso, polo IMSERSO.
  2. Condición de vítima de violencia de xénero (VVX), achegarase un dos documentos seguintes: Sentenza definitiva e firme que condene á persoa agresora; resolución xudicial pola que conclúe o procedemento penal da que se deduza que a persoa solicitante foi VVX; orde de protección vixente, ou Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a persoa solicitante é VVX ata tanto se dite a orde de protección; resolución xudicial que houber acordado medidas cautelares penais, sempre que estas estean en vigor; certificación ou informe dos servizos sociais da Administración Pública autonómica ou local; certificado emitido por unha institución pública competente no que conste que a persoa interesada está a ser atendida dentro dun programa de atención ás vítimas, subvencionado por unha Administración Pública concreta.
  3. Condición de vítima de terrorismo: resolución emitida conforme á Lei 29/2011, do 22 de setembro, de Recoñecemento e Protección Integral ás Vítimas do Terrorismo polo Ministerio do Interior.

A concorrencia das referidas circunstancias especiais debe acreditarse tanto na solicitude como na renovación do bono social, mediante a presentación do certificado ou outro documento acreditativo válido.

Lugar de presentación

A solicitude do bono social poderá realizarse a través dos seguintes medios, acompañada da documentación acreditativa:

  1. Por teléfono, a través do número dispoñible na páxina web do comercializador de referencia (COR). Este número será publicado tamén na páxina web da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia.Neste caso, o consumidor deberá remitir a información xustificativa posteriormente por algún dos medios recolleitos neste apartado.
  2. Nas oficinas do COR, cando estas existan.
  3. Por fax ou a través da dirección de correo electrónico que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  4. Por correo postal na dirección que comunique o COR na súa páxina web e na súa factura.
  5. A través da páxina web do comercializador de referencia.

O formulario de solicitude deberá estar dispoñible na páxina web do COR, así como nas súas oficinas de atención presencial ao consumidor, cando estas existan.

Consumidores acollidos ao bono social á entrada en vigor da orde

Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data de entrada en vigor a orde (10/10/2017) sexan beneficiarios do bono social, disporán do prazo de seis meses (ata o 10/3/2018) para acreditar a condición de consumidor vulnerable. De non facelo no dito prazo, o bono social deixará de aplicarse a partir da primeira factura emitida, ou ben na factura inmediatamente posterior.

Durante este período transitorio o comercializador non poderá levar a cabo refacturacións por incorrecta aplicación dos límites de enerxía fornecida previstos no anexo I, das que resulte un prexuízo económico para o consumidor.

Os consumidores de enerxía eléctrica que, á data do 10/10/2017, sexan beneficiarios do bono social, e estivesen inmersos nun procedemento de suspensión de subministración de electricidade por falta de pagamento, verán ampliado o prazo para a suspensión da subministración a 4 meses desde que se lles requiriu fehacientemente o ingreso, sen que o mesmo se fixera efectivo.

Para máis información poden dirixirse a Área de Benestar Social do concello

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico Páxina web das familias galegas Quérote
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X