Concello de Vimianzo
26 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

17-07-2017

A Xunta de Galicia aproba a modificación número 4 das Normas Subsidiarias

A proposta de modificación número 4 das normas subsidiarias do Concello de Vimianzo redactada polo Goberno municipal foi aprobada pola Xunta de Galicia.
Esta aprobación mellora de maneira importante as condicións de edificabilidade no medio rural,  permitindo construír pegado aos lindes sempre que xa houbera unha construción ou o propietario da finca lindante o autorice, permitindo o aumento na altura das palleiras, podendo amplialas a conta da edificabilidade da parcela, permitindo a construción de edificacións de pranta baixa e consolidando a aliñación definida por construcións tradicionais.
Para o alcalde, Manuel Antelo, a aprobación desta modificación é de vital importancia, pois, por unha banda, legalízanse construcións e aliñamentos existentes e, por outra, facilita as construcións en núcleos rurais. 
Para Antelo esta modificación é un exemplo da aposta decidida do Goberno de Vimianzo polo rural, reflectida na dotación de servizos básicos, mellora e arranxo das vías de comunicación ou na oferta e desenvolvemento de actividades culturais e deportivas descentralizada e adaptada ás demandas da poboación. 
O alcalde está seguro de que a raíz da aprobación destas modificacións serán moitas as familias que opten por restaurar as vivendas que posúen no rural ou que se decidan a construír novas edificacións.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira Obradoiro de Emprego Xuvenil
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X