Concello de Vimianzo
25 de abril de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-06-2017

O Castelo acolle a presentación das actividades da XXII edición do Asalto

Este será un ano especial para o Asalto ao Castelo, pois hai 550 anos que nestas terras se escoitaban as noticias do comezo dunha gran revolución: a das irmandades. Na Terra de Soneira íase preparando o ataque contra a gran fortaleza da comarca: o castelo de Vimianzo. Desde el impartíase terror e a xustiza feudal a todos os habitantes das terras da xurisdición (hoxe, repartidas entre os concellos de Camariñas, Laxe, Zas, Muxía e o propio Vimianzo). Era clave atacar o centro de todo este abuso de poder.

O Asalto ao Castelo recupera a historia actualizándoa e enchendo de festa e actividades a vila de Vimianzo do 17 de xuño ao 1 de xullo, o día grande da festa.

Novidades

Con esa idea de pór de relevo a historia da Guerra Irmandiña terá lugar o sábado 24 de xuño un acto especial “Vimianzo, 1467”. No patio do castelo explicarase dunha maneira didáctica en que consistiron estas guerras, como afectou a Vimianzo e tamén como sería a vila e o castelo naquel tempo. Á cita están chamados os historiadores Xosé M. Lema e Carlos J. Galbán, expertos na materia. Durante o relatorio tamén se poderá tomar unha cervexa e desfrutar despois co concerto dos Druidas da Rolda nun lugar perfecto para encherse de historia.

Outro acto curioso será o I Enlace irmandiño, que se desenvolverá no campo de entrada ao foso do castelo antes do comezo da Cea Medieval. Nel realizaranse casamentos inspirados no medievo e con licenzas propias, para crear un “rito irmandiño”.

Outra actividade que introduce novidades é a das Irmandades parroquiais, abertas á participación de toda a Terra de Soneira histórica (concellos de Camariñas, Vimianzo, Zas, Laxe e parte de Cabana). Este desfile de tropas irmandiñas chegadas de diferentes parroquias acabarán na praza do concello, reuníndose para o ataque final na noite do sábado 1 de xullo. Unha persoa protagonista na representación teatral, dirixida este ano por Michel Antelo, será a encargada de arengar ás Irmandades para o Asalto.

Unha legua para correr

O sábado 17 quedará inaugurado o Asalto ao Castelo coa celebración da carreira nocturna da Legua Irmandiña. Na súa terceira edición contará tamén cunha Carreira Inclusiva para persoas con diversidade funcional, ademais de diferentes categorías para todas as idades. Para apuntarse hai que acudir á web www.prueba-t.es

Actividades para a canteira

O Asalto é unha festa para todas as idades. Os nenos e rapaces teñen un protagonismo especial no Asaltiño o ataque ao castelo que se celebra o sábado 1 de xullo a partir das 4 e media da tarde. A batalla de auga é o elemento máis divertido desta cita que se vai preparando cos diferentes obradoiros que se celebran durante o día e toda a semana previa.

Alén diso, o alumnado do IES Terra de Soneira convértese en actrices e actores na animación de rúa e bares dos Pinchos Irmandiños, con diferentes pezas ambulantes e na Visita guiada teatralizada, na que os personaxes da historia do castelo cobran vida.

Gastronomía medieval

Unha cita a non perder é a dos Pinchos Irmandiños, que este ano chegan á súa décima edición, con dezanove locais participantes. Os petiscos teñen unha condición esencial: non se poden utilizar alimentos que non se existisen na Idade Media en Galicia.

Ademais, o Concello de Vimianzo promove durante todo o mes de xuño as Xornadas Gastronómicas Medievais, nas que participan tres restaurantes da vila. Cada un ofrece menús de época, previa reserva a 20€ bodega á parte. Recupérase deste xeito a gastronomía histórica que tenta impulsar o Concello como referente.

E se se fala de gastronomía medieval, non pode faltar a VIII Cea Medieval, que esgotou as súas entradas en poucas horas este pasado luns. Medio cento de persoas xantará o venres 30 de xuño no foso do castelo, vestidos de época e podendo gozar da actuación dos Manicómicos, e xa despois aberto a todo o público da música dos vigueses Pelepau.

Presenza musical

Tralo concerto do venres, o sábado toma o relevo musical cunha sesión vermú na praza do Concello cos Druidas da Rolda e, xa á noite, os concertos no Campo da Festa. A partir das 10 da noite soarán Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre para ir bailando e quencendo o corpo para asaltar o castelo a medianoite. Unha vez rematado o Asalto, a música continúa coa rumba de Muchachito, o rock bravú dos Heredeiros da Crus e a troula sen fin dos Festicultores.

Organización

O Asalto ao Castelo ten detrás o traballo da veciñanza e de asociacións sen ánimo de lucro. Cherinkas, AXVALSO e o Concello son as entidades sobre as que recae o peso principal deste evento, mais o resto de asociacións como Trubisquiña e outros colectivos da vila e comarca fan que sexa posible a súa existencia. Non se debe esquecer o apoio e colaboración dos veciños que na medida do posible axudan a facer desta festa unha cita diferente, colaborativa e participativa.

Concertos

VENRES 30 DE XUÑO – Cea Medieval – Foso do castelo de Vimianzo

Pelepau

Percusión e cantos tradicionais para non deixar de bailar. En 2010 nace en Vigo este grupo formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. Desde aquel momento a súa sona foi de boca en boca e hoxe en día son toda unha referencia da troula.

SÁBADO 1 DE XULLO – Asalto – Campo da festa na Torre

Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre

A voz de Xabier Díaz é todo un clásico na música galega, desde o seu traballo en Berrogüetto ou diferentes colaboracións cos mellores músicos e artistas do país. Agora vén de emprender unha exitosa carreira nun proxecto conxunto co grupo de pandeireteiras Adufeiras de Salitre. No ano 2015 editou The tambourine man xunto ás Adufeiras de Salitre, que obtivo o galardón ao mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e ao mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016). Alén diso, The tambourine man, permitiulle manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016.

Muchachito

“Ojalá no te hubiera conocido nunca” foi o éxito que lanzou á fama a Muchachito en todo o territorio nacional. Jairo Perera Viedma naceu en Santa Coloma de Gramenet en 1975. Unha localidade no extrarradio de Barcelona, cunha gran inmigración de familias do sur de España. De neno comeza a tocar a guitarra e co seu irmán comeza a interesarse polo rock. Tras varios grupos creados no barrio, comeza a xirar por varios locais dándolle un estilo moi persoal á súa música, fortemente influenciada pola rumba catalana. Crea incluso o rumboxing, rumba “máis swing” a unha velocidade á que poucos poden chegar.

Heredeiros da Crus

A banda que marcou a infancia de moitos cativos e non tan nenos, o grupo de rock bravú por excelencia chega ao Asalto ao Castelo co seu estilo rompedor para unha festa de revolución. As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, un movemento que moitos bautizaron como rock bravú e do que son herdeiros moitos dos grupos galegos contemporáneos.

Festicultores

Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores transforman cada festival pola que pasan na maior pista de baile do mundo. Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmosferas ciganas e trouleiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar aínda que non queira.

PROGRAMA

SÁBADO 17 DE XUÑO

19:30 | III Olimpíadas Irmandiñas (Praza do Concello)

21:00 | III Legua Irmandiña (Praza do Concello)

 

SÁBADO 24 DE XUÑO

19:30 | Relatorio “Vimianzo, 1467” (Patio de armas do Castelo)

20:00 | Concerto: Druidas da Rolda (Patio de armas do Castelo)

 

MARTES 27 DE XUÑO

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)

12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS

 

MÉRCORES 28 DE XUÑO

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)

12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS

 

XOVES 29 DE XUÑO

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)

12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS

19:00 a 23:00 | Foliada: A. C. Trubisquiña (Rúa)

20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)

 

VENRES 30 DE XUÑO

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 | Obradoiros medievais infantís (Casa da Cultura)

12:00 a 15:00 e 19:00 a 21:00 (horario minimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS

20:00 | Espazo artístico itinerante (Rúa)

21:00 | I Enlace Irmandiño (Foso do Castelo)

21:30 | VIII Cea Medieval. Actuación Manicómicos (Foso do Castelo)

01:00 | Portas abertas. Concerto Folk: Pelepau (Foso do Castelo)

SÁBADO 1 DE XULLO

10:00 a 20:30 | VII Feira Artesanal (Praza do Concello)

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

12:00 a 15:00 e 19:00 a 23:00 (horario mínimo) | X PINCHOS IRMANDIÑOS

MAÑÁ

11:00 a 13:00 | Xogoflexia. Obradoiros infantís.  (Praza do Concello)

12:00 | Baile galego: A. C. Trubisquiña (Praza do Concello)

12:30 | Baile galego: Airiños do Río Grande (Praza do Concello)

13:00 | Baile galego: Foliada de Salto (Praza do Concello)

13:30 | Sesión Vermú: Druidas da Rolda (Praza do Concello)

13:30 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)

13:30 | Espazo artístico Itinerante (Rúa)

TARDE

15:30 | Xogoflexia (Praza do Concello)

16:30 a 18:00 |ASALTIÑO

16:30 | Taller de elaboración de traxes (Praza do Concello)

17:00 | Concentración de tropa (Praza da Igrexa)

17:15 | Ataque ao Castelo (Foso do Castelo)

18:00 | Visita guiada TEATRALIZADA: Manuel Rial e IES Terra de Soneira (Castelo)

18:00 | Exhibición tiro con arco e taller de iniciación: Club de tiro con arco Dousxsetenta (Praza do Concello)

19:15 | Fallo do V Concurso de Fachadas (Praza do Concello)

19:30 | III Irmandade Parroquial (Praza do Concello)

20:15 | Izado da bandeira irmandiña (Praza do Concello)

20:30 | Percusión brasileira: Batucada e samba Malandros (Praza do Concello)

20:30 | Circuíto musical: A. C. Trubisquiña (Rúa)

20:30 | Circuíto musical: Kosoko Nasera (Rúa)

20:30 | Circuíto musical: Os de Couso (Rúa)

20:30 | Circuíto musical: Medio Quinhón (Rúa)

NOITE

21:00 | CEA

22:00 | Xabier Díaz & Adufeiras do salitre

23:30 | ASALTO AO CASTELO

01:00 | Muchachito

02:30 | Heredeiros da Crus

04:00 | Festicultores Troupe

 

DOMINGO 2 DE XULLO

10:30 a 14:00 e 16:00 a 20:30 | Mostra de Artesanía en Vivo (Castelo)

13:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: Quinquilláns (Castelo)

13:30 | Sesión vermú: Medio Quinhón (Praza Castelao)

17:00 | Castelo vivo, un paseo pola historia: Quinquilláns (Castelo)



Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X